GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

246
1340, decembro, 28
rescisión de foro

Os clérigos do coro reciben de Xoán Fernández, reitor de San Cibrao de Triós, unha viña en Gomariz por non pagar o foro de 50 soldos desde había máis de cinco anos.

ACOu, Clérigos do Coro, 66

Conuçuda cousa seia a quantos esta carta viren como en presença de min Pero Martines notario jurado na çidade d’Ourense polo bispo e pola igleia desse lugar e das testymuyas adeante scriptas, Martin Miguez clerigo do coro da igleia d’Ourense e procurador dos clerigos do dito coro da dita igleia e contador da dita universidade estando na vina de Gomariz que he dos ditos clerigos, a qual elles conpraron de Dominga Eanes dos Brancos moller que foy de Martin Salamon, a qual vina os ditos clerigos deron a foro a Johan Fernandez reytor da igleia de San Cibrao de Trioens, et o dito Martin Miguez disso que o dito Johan Fernandez non pagara o dito foro que avia de pagar pola dita vina segundo que era conteudo na carta do dito afforamento e que de hun ano non pagara nenhuna cousa do dito foro, e dos outros cinqo anos que eran passados que non pagara de cada hun ano cinqoeenta soldos, e assy que montava xxv libras de brancos des que a o dito Johan Fernandez tevo ata aqui. E por quanto o dito Johan Fernandez non pagou o dito foro que avia de pagar aos clerigos do coro el nen aquelles que a dita vina por el teveron, et o dereyto diz que o que foro non faz que o perca, et por esto o dito Johan Fernandez perdeo o dereyto que avia na dita vina por que non pagou o dito foro, por ende eu o dito Martin Miguez procurador da dita universidade en nome della e por seu mandado recebo a dita vina que o dito Johan Fernandez tina afforada dos ditos clerigos para elles e para a dita universidade e receboa por rama e por terra e tollo ao dito Johan Fernandez todo o dereyto que el avia na dita vina por razon do dito afforamento. Et de como a eu recebo para os ditos clerigos e por seu mandado, peço a este notario que me dia ende hun publico instromento para a dita universidade. Esto foy na dita vina, xxviii dias de deze[n]bro, era de mill et ccclxxviii annos. Testemuyas que presentes foron Ruy Perez clerigo do coro, Lourenço Eanes clerigo de Sanin, Pero Diaz e Ares Perez çapateiros d’Ourense.

Et eu Pero Martinez notario sobre dito que a esto pre[se]nte foy e esta carta scrivi et meu synal en ela puge en testemuyo de verdade que atal he.

(sinal)