GMH/ÍNDICE A-Z

415
1381, xaneiro, 15
foro

Gonzalo Vázquez, escudeiro, afóralle a perpetuidade a Xoán da Ponte, morador en Sabadelle, unhas casas na rúa de Cima de Vila por 8 libras.

ACOu, Clérigos do Coro, 44

Sabean quantos esta carta viren que eu Gonçalvo Vaasques escudeiro morador en Ourense enna rua dos Çapateyros, dou e outorgo a foro a vos Johan da Ponte morador en Sabadelle que he en terra d’Agiar e a toda vosa voz para senpre hunas casas que eu ey que estan enna dita vila d’Ourense enna rua de Çima de Vyla a par de hunas casas de Gomes Gerra et do outro cabo estan a par doutros soares de casas de min o dito Gonçalvo Vaasques e teen as portas enna dita rua pubrica de Çima de Vila. Aforo vos as ditas casas con suas entradas e seydas e con todos seus dereitos e perteenças por tal condiçon que as moredes e apostedes e reparedes e mantenades en maneira que se non percan por mao paramento, et dedes ende a min e a miña vos de foro cada anno en salvo por dia de Santa Oufemea do mes de setenbro oyto libras de diñeiros brancos desta moeda que se agora husa de que contan viinte soldos por huna libra. Et do al averedes as ditas casas livres e quites de todo outro enbargo pagando delas fumagen acostumada se se delas ha de pagar. Et para con elas seerdes anparado e defeso a dereito obrigo vos todos meus beens. Et eu o dito Johan da Ponte asy reçebo de vos o dito Gonçalvo Vaasques as ditas casas aforadas commo dito he. Et para as morar e reparar e apostar e manteer e pagar de cada anno o dito foro obrigo a vos todos meus beens gaañados e por gaañar. Et qual quer de nos as ditas partes que contra esto que dito he quiser pasar peyte aa outra parte que o conprir e aguardar quiser por nomme de pena çen mor. de diñeiros brancos, et a dita pena pagada ou non esta carta e aforamento fique firme e valla para senpre. Feyta a carta en Ourense, quinse dias do mes de janeiro, era de mill e quatroçentos e des e nove annos. Tests. Roy Lourenço vesiño d’Ourense morador enna rua dos Çapateiros e Gomes Lourenço de Çima de Vila parente do dito Gonçalvo Vasques e Gonçalvo Peres Toli[van] moradores en Ourense.

Et eu Fernan Gonçalves notario publico da çidade d’Ourense polo bispo e pola igleia desse lugar que a esto presente foy e o escripvi e meu nome e signal y puge en testemuyo de verdade que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta das casas de Çima de Vila.