GMH/ÍNDICE A-Z

425
1383, febreiro, 11
foro

Os clérigos do coro afóranlles a perpetuidade a Xoán Fernández, home do tesoureiro, e á súa muller, Aldonza Pérez, unha leira de cortiña cerca da Ponte Pedriña por 5 libras.

ACOu, Clérigos do Coro, 59

Sabean quantos esta carta viren commo nos Johan Clerigo moordomo et Martin Yanes procurador et Gonçalvo Cebolyño contador que somos dos clerigos do coro da igleia d’Ourense et Affonso Fernandes et Johan Yanes capelaans da capela de Santa Oufemea et Roy Copelo, Pero Vidal, Johan de Canbeo, Afonso Fernandes, Martin Anes e Afonso Peres et os outros clerigos do coro estando juntados enna capela de San Johan da igleia d’Ourense, damos e outorgamos a foro a vos Johan Fernandes ome do tesoureiro da dita igleia que sodes presente et a Aldonça Peres vosa moller que non he presente et a toda vosa vos para senpre, conven a saber que vos aforamos huna leyra de cortyna que he nosa dos clerigos do coro, que iaz a çerca da ponte Pedrina, commo parte por outra de Gonçalvo Rodrigues notario d’Ourense et parte por outra de Maria Fernandes das Traves et ençima topa enna congostra que vay da ponte Pedrina para a villa. Aforamos vos a dita cortyna con todas suas entradas e seydas e jures e perteesças por tal pleito et condiçon que vos e vosas vozes que a lavredes et paredes ben commo non desfalesca por mingoa de lavor e de boon paramento et que vos e vosas vozes que dedes dela de foro en cada hun anno aos clerigos do coro çinqo libras de brancos por dia de San Martiño do mes de novenbro, et do al ajadesla de dizemo a deus livre e quite doutro foro e unyversario, et outorgamos que seiades con esta cortyna vos e vosas voses para senpre anparados a dereito porlos outros beens que som mandados aos clerigos do coro. Et eu o dito Johan Fernandes que soon presente por min e porla dita miña moller e voses asy resçebo de vos os ditos clerigos do coro a dita cortyña a foro segundo dito he et porlas ditas condiçoens, et para vos pagar o dito foro sigundo dito he en cada huun anno obrigo a vos a todos nosos beens avidos e por aver. Et he posto et outorgado entre nos as partes que qual quer de nos que contra esto pasar que peyte por pena aa parte agardante çen mor. de diñeiros brancos desta moeda usual a dez diñeiros por mor. et aa vos del rey outros tantos peyte et a |a| pena pagada ou non esta carta valla e fique firme para senpre. Feita a carta enna çidade d’Ourense, onze dias do mes de fevereiro, era de mill e quatroçentos e viinte e hun annos. Tests. Gonçalvo Yanes thesoureiro e Afonso Peres chantre et Gonçalvo Yanes raçoeiro e Gil Esteves clerigo e Johan Fernandes ome do deyan et outros.

Et eu Gonçalvo Rodrigues notario publico da çibdade d’Ourense por lo bispo e por la igleia dese lugar a esto presente foy e em miña presença o fiz escripvir e aqui meu nome e sinal puge que tal he.

(sinal) [reverso] Carta da vyña que está |que está| aa ponte Pediña |Pedriña|.