GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

436
1388, xaneiro, 4
foro

Os clérigos do coro afóranlle a perpetuidade a Martín de Montes, cóengo, unha casa chá na rúa da Fonte do Bispo por 1 libra.
ACOu, Clérigos do Coro, 7

Sabean quantos esta carta viren que nos Iohan Anes et Fernan Rodrigues capelaans de Santa Oufemea et Roy Copelo et Johan Fernandes de Velle dobreyros et Marcos Domingues et Iohan de Souto e Johan (Clerigo) et Afonso Fernandes clerigos do coro da igleia d’Ourense et Martin Anes clerigo procurador da universidade dos ditos clerigos do coro, estando presentes aa minsa apregoada segundo que avemos de uso et de custume, por nos e por los outros clerigos da dita universidade que presentes non som, damos et outorgamos, aforamos para senpre a vos Martin de Montes coengo d’Ourense que sondes presente, conven a saber que vos aforamos huna casa chaa que esta em Ourense enna rua da Fonte do Bispo, que esta junto con casa de Pero Paes et com casa de Afonso Peres escripvam, et tem as portas enna dita rua publica. Aforamos vos a dita casa por tal pleito et condiçon que a apostedes et (re)paredes bem de todo o que lle feser mester et a mantenades senpre em seu revor em maneira que non defalesca por mingoa de boon reparamento, et dedes ende cada anno aa dita universidade vos et todas vosas voses por dia de Sam Martiño do mes de novenbro huna livra de diñeiros brancos contados a viinte soldos por livra ou a estimaçon deles na moeda que correr. Et do al que aiades a dita casa de disimo a deus livre e quite de todo outro enbargo et encarrego alguun, salvo de fumagen se a y ha. Et he posto que se ao dito dia non pagardes o dito foro que o procurador da dita universidade vos posa peñorar por elo sem outra penna alguna. Et para vos anpararmos et defendermos senpre a dereito con esto que vos aforamos commo dito he obrigamos todos los beens da dita universidade gaañados e por gaañar. Et eu o dito Martyn de Montes por min et por todas miñas voses asy reçebo de vos a dita universidade a dita casa aforada por la maneira et condiçoons sobre ditas, et para pagar et conprir et agardar as condiçoons desta carta et cada huna delas obrigo todos meus beens gaañados e por gaañar. Et he posto ontre nos as ditas partes que a parte de nos que contra esto passar et o non conprir e agardar que peite aa outra parte que o conprir et agardar quiser por nomme de pena e interesse çem mor. da dita moeda, et a pena pagada ou non esta carta et aforamento et todo o que em ela he contiudo valla e fique firme para senpre. Feita a carta em Ourense, quatro dias de janeiro, anno do nasçemento do noso señor Ihesu Cristo de mill e tresentos et oyteenta e oyto annos. Tests. que forom presentes, tests. Joan d’Augada, Joan Abade, Pero Anes, Afonso Fernandes capelam de Santa Maria a Madre e Roy do Pe et outros.

>Et eu Vaasco Martines notario publico da çidade d’Ourense por la igleia desse lugar que a esto que dito he presente foy e en miña presença o fis escrivyr et en esta carta que ende dey ao dito Martin Peres meu nomme et meu sinal fis en test. de verdade que tal he.

(sinal)

>Sabean quantos esta carta viren que nos Iohan Anes et Fernan Rodrigues capelaans de Santa Oufemea et Roy Copelo et Johan Fernandes de Velle dobreyros et Marcos Domingues et Iohan de Souto e Johan (Clerigo) et Afonso Fernandes clerigos do coro da igleia d’Ourense et Martin Anes clerigo procurador da universidade dos ditos clerigos do coro, estando presentes aa minsa apregoada segundo que avemos de uso et de custume, por nos e por los outros clerigos da dita universidade que presentes non som, damos et outorgamos, aforamos para senpre a vos Martin de Montes coengo d’Ourense que sondes presente, conven a saber que vos aforamos huna casa chaa que esta em Ourense enna rua da Fonte do Bispo, que esta junto con casa de Pero Paes et com casa de Afonso Peres escripvam, et tem as portas enna dita rua publica. Aforamos vos a dita casa por tal pleito et condiçon que a apostedes et (re)paredes bem de todo o que lle feser mester et a mantenades senpre em seu revor em maneira que non defalesca por mingoa de boon reparamento, et dedes ende cada anno aa dita universidade vos et todas vosas voses por dia de Sam Martiño do mes de novenbro huna livra de diñeiros brancos contados a viinte soldos por livra ou a estimaçon deles na moeda que correr. Et do al que aiades a dita casa de disimo a deus livre e quite de todo outro enbargo et encarrego alguun, salvo de fumagen se a y ha. Et he posto que se ao dito dia non pagardes o dito foro que o procurador da dita universidade vos posa peñorar por elo sem outra penna alguna. Et para vos anpararmos et defendermos senpre a dereito con esto que vos aforamos commo dito he obrigamos todos los beens da dita universidade gaañados e por gaañar. Et eu o dito Martyn de Montes por min et por todas miñas voses asy reçebo de vos a dita universidade a dita casa aforada por la maneira et condiçoons sobre ditas, et para pagar et conprir et agardar as condiçoons desta carta et cada huna delas obrigo todos meus beens gaañados e por gaañar. Et he posto ontre nos as ditas partes que a parte de nos que contra esto passar et o non conprir e agardar que peite aa outra parte que o conprir et agardar quiser por nomme de pena e interesse çem mor. da dita moeda, et a pena pagada ou non esta carta et aforamento et todo o que em ela he contiudo valla e fique firme para senpre. Feita a carta em Ourense, quatro dias de janeiro, anno do nasçemento do noso señor Ihesu Cristo de mill e tresentos et oyteenta e oyto annos. Tests. que forom presentes, tests. Joan d’Augada, Joan Abade, Pero Anes, Afonso Fernandes capelam de Santa Maria a Madre e Roy do Pe et outros.

Et eu Vaasco Martines notario publico da çidade d’Ourense por la igleia desse lugar que a esto que dito he presente foy e en miña presença o fis escrivyr et en esta carta que ende dey ao dito Martin Peres meu nomme et meu sinal fis en test. de verdade que tal he.

(sinal)