GMH/ÍNDICE A-Z

328
1335, agosto, 15. Lugo

Xoán Miguez e a súa muller véndenlle ao cóengo Xoán Fernández, que representa o Cabido, unha leira en Castelo, freguesía de Santiago de Lugo, por 60 soldos.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 2v.

Sabeam quantos esta carta viren, commo eu Iohan Migueles de Castello con minna muller Moor Domingues nos anbos de consuu de boa livre voontade vendo a vos, Iohan Fernandes, coengo de Lugo, en nome do cabidoo da iglesia de Lugo et para os aniverssarios da iglesia de Lugo, huna leyra d’erdade que he en Castello en Agro Mayor sub signo da capella de Santiago de Lugo, a qual leyra iaz cabo outra leyra do casal do Outeyro et da outra parte outra leyra de fillos de donna Maria. Et esta leyra atravessa o camino. Et reçebemos de vos en preço por esta vençon sesaenta soldos d’esta moneda del rey don Affonso de que somos entregos et ben pagados, et obligamos nos et todos nossos bees de vos façer esta veçon de paz. Et desoie mays este dia todo nosso poderio et senorio ende seia sacado et removudo de nos et posto enno dito cabidoo et aniversarios.

Feyto foy esto en Lugo XV dias d’agosto, era de mill et CCC LXX et tres annos.

Testemoyas que foron presentes: Affonso Eanes, clerigo do coro de Lugo; Martin Eanes, home do thesoreyro; don Aras Peales, Fernan Peres de Castello, morador no casal do Outeyro; Lopo Rodrigues ts.

Et eu Ruy Fernandes, notario publico de Lugo, dado pe-lla auctoridade do bispo desse miismo lugar a esto commo dito he connas testemoyas sobreditas presente foy et esta carta escrivi en este livro do cabidoo et puge en ella meu nome et meu signal en testemoyo de verdade.

Esta leyra sobredita comprou Johan Fernandes, coengo, dos seus dineiros para a dar a o cabidoo iuntadoa a o casal do Outeyro.