1417, novembro, 12 sábado. Lugo
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fs. 123 v.- 124 r.; Libros, lib. 6289 con referencia ó Lib. A f. 123.
Sabean quantos esta carta virem como eu Pedro Fernandes de San Martino dos Condes, morador en o dito lugar de San Martino, herdeyro legitimo que soo de Costança Rorigues, muller que foy de Pedro Affonso, morador que foy en Villar de Mera, conosco et outorgo que por quanto a dita Costança Rodrigues con o dito Pedro Affonso, seu marido, avian dado et outorgado todas suas herdades, que a dita Costança Rodrigues avia et que lle perteesçian en o dito lugar de Villar de Mera et en Vilalivre et en Vigo de Mera, a os aniverssarios da eglesia de Lugo, et con tal condiçon que as perssoas et coengos da dita eglesia de Santa Maria de Lugo fossen teudos de diseren et faseren en cada hun ano hun aniversario por la alma da dita Costança Rodrigues, et por quanto as ditas herdades agora iasen mal reparadas et en monte, et non renden nada, nen ay nen poderia aver comprimento para o que a dita Costança Rodrigues mandou, por ende eu, o dito Pedro de San Martino, fago et compono tal avenença et compustura con a dita eglesia de Lugo et con Lopo Fernandes, coengo, et procurador dos aniversarios da dita eglesia de Lugo, et porque el et as perssoas da dita eglesia se partan et demitan de todo outro dereyto et abçon que en ellas aian et podesen aver agora et para senpre a as ditas herdades, a todas et a parte delas, dou et outorgo agora et para senpre jamays en cada hun ano a a dita eglesia de Lugo que ajan et leven por las ditas herdades seys maravedis de moeda vella de longos, segundo usso et custume da dita eglesia de Lugo, contando a branca en tres dineyros, ou da moeda corrente que os valla segundo que os hora val, et estes ditos seys maravedis que seian dados et pagados en a dita eglesia de Lugo, a o teedor que for dos ditos aniversarios, en cada hun ano para senpre jamais por dia de Natal da naçença de noso senor salvador Jhesu Christo por las ditas herdades que a dita Costança Rodrigues avia en o dito lugar de Villar de Mera et en Vilalivre et en Vigo de Mera, et en outro lugar qualquer que as a dita Costança Rodrigues ouvese et lle perteesçesen por herança ou por compras et gaanças et en outra maneyra qualquer; et quero et outorgo que qualquer perssoa que trouver, usar et possuyr o jur et possison et propiedade das ditas herdades, todas ou parte dellas, que de et pague os ditos seys maravedis da dita penson a a dita eglesia de Lugo et aniversarios dela por dito dia de Natal en cada hun ano, como dito he, assi en o tenpo que eu viver como outro qualquer que despoys de min ussar et posoyr as ditas herdades, todas ou parte delas. Et por esta carta dou poder comprido et mandado espiçial a a dita iglesia de Lugo et a os coengos et persoas dela, et espiçialmente a o teedor et procurador que agora he et for d’aqui endeante para senpre jamais dos ditos aniversarios, que possa et possan faser fronta et requerimento a min et a os teedores ou teedor, que foren despois de min en as ditas herdades, que den et paguen os ditos seis maravedis en cada hun ano a a dita eglesia de Lugo et aniversarios dela como dito he, en outra maneyra non no querendo eu ou os outros teedores, que despois de min foren en as ditas herdades, / pagar a a dita eglesia et persoas et coengos dela et a o teedor que for dos ditos aniversarios os ditos seis maravedis de longos da dita penson, dou poder comprido et espiçal mandado a a dita eglesia et persoas et coengos dela, et a o teedor que for et procurador dos ditos aniversarios, que despois que assi for feita a dita fronta et requirimento, a os taes teedores et levadores das ditas herdades, que possan resçeber et resçeban as ditas herdades todas et parte delas, et possan delas faser a dita eglesia et perssoas dela assi como de suas herdades propias, et para esto lles dou poder comprido.
Et eu, o dito Lopo Fernandes, coengo et procurador que soo dos ditos aniversarios en a dita eglesia de Lugo, en nome da dita eglesia et cabiido et perssoas delas, assi o resçebo et renunçio et parto de min en nome da dita eglesia et cabiido dela que eu, nen outra perssoa da dita eglesia, non possamos nen posa demandar outro dereyto algun en as ditas herdades que assi foron et ficaron da dita Costança Rodrigues, salvo ende os ditos seys maravedis que os possamos aver et levar agora et para senpre, como dito he, et en nome da dita eglesia et perssoas et aniversarios dela renunçio et demito toda outra dadiva et doaçon que fose feyta das ditas erdades a a dita eglesia de Lugo et aniversarios dela, salvo ende os ditos seis maravedis, como dito he, que a non possamos nen possa a dita eglesia demandar agora nen en algun tenpo.
Et eu, o dito Pedro Ferrnandes de San Martino, outorgo todo o susodito en esta carta conteudo, et resçebo a dita renunçiaçion que vos, o dito Lopo Fernandes, assy fasedes. Et porque esto he çerto nos as ditas partes mandamos delo faser a o notario su escripto duas cartas anbas en hun thenor huna para a dita eglesia et cabiido dela, et desse outra a o dito Pedro Fernandes.
Que foy feyta esta carta para a dita eglesia et cabiido, sabado, dose dias do mes de nobenbro, ano do nasçemento de nosso salvador Jhesu Christo de mill et quatroçentos et des et sete anos.
Testemoyas que foron presentes para esto chamadas et rogadas: Lopo de Prol et Roy de San Martino, visinos de Lugo; et Gonçalvo Peres, clerigo do coro, criado do dito Lopo Fernandes; et Fernan Çego, et Afonso Çego, moradores en a Prova de Broollon.
Et eu Pedro Fernandes de San Lourenço, notario publico da çibdade de Lugo por lo senor Obispo et eglesia desse lugar, a todo esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et esta carta a rogo et por mandado das ditas partes escripvi et aqui meu nome et signo fis que tal he en testemoyo de verdade, rogado et requerido para elo (signo).