GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

761
1377, marzo, 25. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Xoán Afonso e á súa muller e a unha voz dúas casas situadas na rúa da Cruz por renda anual de 10 marabedís.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 89v.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos Iohan Affonso, dayam de Lugo, et o cabidoo dessa iglesia estando iuntados en cabidoo enno coro desa iglesia, con outorgamento de don Rodrigo Affonso, arçidiago de Deça, procurador dos aniverssarios desa iglesia, que esta pressente et outorgante, afforamos a vos Iohan Affonso, cosineyro do dito dayan, et a vossa muller, Maria Ferrnandes, por vida de anbos et de huna perssoa qual nomear o pustrimeyro de vos a seu finamento, as duas casas, que son dos ditos aniversarios, que estan enna rua da Cruz a par de outras casas de Fernando Moreyra, notario de Lugo, da huna parte, et a par de outra praça que he desta iglesia, as quaes sob sub a capella de Santiago de Lugo, a a tal condiçon que vos et a dita perssoa refaçades et reparedes as ditas casas de todo adubeyro que ouveren mester de madeyra et pedra, et que as tennades feytas et reparadas et en boo paramento, et que dedes de cada anno a o colledor dos aniverssarios desta nosa iglesia des moravedis, d’oyto soldos o moravedi, da moneda vella por Natal em salvo em Lugo, et a vosso finamento et da dita perssoa que as ditas casas fiquen a a dita iglesia de Lugo livres et quitas et dessenbargadas con todos los boos paramentos que y foren feytos.

Et eu, o dito Johan Affonso, que estou presente por min et por la dita minna muller et persoa asy reçebo o dito foro de vos, o dito dayan et cabidoo, et obligo meus bees et seus para comprir et pagar todo esto que dito he. Et nos, o dito dayam, et cabidoo asy vos lo outorgamos enna maneyra que dita he.

Feyta a carta em Lugo, viinte et çinquo dias de março, era de mill et quatroçentos et quinse annos.

Testemoyas: o dito dayam; dom Gonçalvo Eanes, chantre; dom Rodrigo Affonso, arçidiago de Deça; don Pero Aras, arçidiago de Neyra; et dom Pero Aras, arçidiago de Triacastella; dom Roy Gomes, mestrescolla; Thomas Gomes, Fernando Peres, et Aras Peres, et Afonso Ferrnades, et Aras Ferrnandes, coengos; Rodrigo Afonso de San Iullao; Lopo Peres, porteyro do dito cabidoo, ts.

Et eu Gonçalvo Peres, notario publico de Lugo por lo obispo desse lugar, a esto presente fuy et fis scripvir et aqui puge meu signal.