GMH/ÍNDICE A-Z

210
1332, novembro, 13
perdón

Pedro Domínguez perdóalle a Lopo Rodríguez de Sabadelle, escudeiro de Aguiar, toda querela que ten contra el, especialmente levarlle a súa filla, Eufemia Pérez, da súa morada en Santa Mariña do Monte.

ACOu, Escrituras XIV, 38

Eno nomme de deus amem. Sabbam quantos esta carta virem que eu Pero Domingues dito Sequeiros morador em Ourense perdoo para por senpre a vos Lopo Rodriguez escudeiro d’Aguiar fillo de Rodrigo Aras que foy e de Aldonça Rodrigues, toda querella e auçon e demanda e queixume que eu de vos avya por qual cousa e demanda e por qual quer rasom ata a data da era desta carta, et espeçialmente a querella que de vos avya por razon de miña filla Ouffemia Peres que me segurarom ante donte que levarades por força de Santa Mariña do Monte hu ella morava. Et este perdom vos faço de boon coraçon e de boa voontade por que foy çerto por ella e por outros ommees boons dinos e de creto que se fora a este por seu tallem e se cassara (...)ados. Et toda querella que por esta razon de vos ouvesse dada renunçio a ella e dou a por nihuna em esta maneyra, que eu nen meus (...)gados por rason das querellas que de vos vi ata aqui. Et peço a meu señor el rey por merçee e a todos outros meyrinos e juy(...) a alcaydes de todallas villas e lugares de seus reynos que vos non façan enbargo nen demanda nen vos acussem por esta rason a vos nen a aquelles que convosco foron quando se ella convosco foy. Et renunçio que nunca por min nen por outro desto possa diser contrario em nihuna maneyra em juyso nen fora de juyso, et se o disser que me non valla nen seia y oydo. Et outorgo so pena de mill mor. da boa moeda que nunca vos acusse por esta rasom des aqui endeante por min nen por outro que eu mande nen por meu consello nen possa de vos dar querella em nihuna maneyra, e se a der que non valla nen seia valledeiro. Et que esto seia çerto e non veña em dulta rogey a Gonçalvo Eanes notario d’Ourense que vos desse ende huna carta con seu nomme e con seu signal. Et eu de meu offiçio deille em esta, que foy feyta no moesteiro de Sam Françisco d’Ourense, treze dias de novenbro, era de mill e trezentos e seteenta annos. Testimoyas que a esto presentes forom Affonso Eanes morador na rua dos çapateiros, frey Affonso Maçaaira, frey Johan Greyses frades do dito moesteiro de Sam Françisco, Giraldo yrmao do dito Affonso Eanes, Johan Rey morador em Moreyras, Pero Peres de Çebolliño, Johan Fernandes escripvan de min o dito notario.

Et eu Gonçalvo Eanes notario publico en Ourense por nosso señor el rey en lugar de Vaasco Peres da camara desse meesmo señor e seu notario publico da dita çidade que a esto presente foy e en miña presença o fige escripvyr e meu signal y puge en testemonyo de verdade.

(sinal)

[reverso] Carta de perdon de Lopo Rodrigues.