GMH/ÍNDICE A-Z

66
1309, setembro, 21
venda

Domingo Pérez véndelles a Salvador Domínguez e á súa muller, Esteveíña Fernández, dúas leiras de herdade por 50 mrs. de moeda portuguesa.



ACOu, Escrituras XXI, 92

Era de mill e cccxlvii anos, xxi dia de setenbro. Sabian quantos esta carta viren como eu Domingo Perez fillo de Pero Mouro vendo a vos Salvador Dominguez e a vossa moller Esteveyña Fernandez una leyra derdade en termino de Roeriz en lugar que dizen Penna Belay que iaz a par da de Domingo Rodriguez e da outra parte a que foy de Gonçalvo Gomes, e outra leyra u chaman o Muyño de (...)ado que iaz a par da vossa e da outra parte a de Fernando Eanes e vay entestar en (...) carreyra que vay para a igleia e iuso entesta no rio, con entradas e con seydas, con todos seus jures e con todos seus dereytos por u quer que os aian e os devan a aver, que as aiades vos e toda vossa voz depus vos por senpre de jur e por herdade por çinqoenta mor. desta moeda portugeesa de que contan xvi pares de diñeiros por tres mor. que de vos reçebi que tanto a min e a vos aplougo e de que me outorgo que soon ia ben pagado, e outorgo a anparar e deffender vos con elas por min e por todas mias boas. Et quen contra esta mina venda e vossa conpra veer, quanto demandar peyteo a vos dobrado e peyte aa voz del rey çen mor. e a venda fique firme e estavil e valla para senpre. Tests. que presentes foron Johan Dominguez de Gillamir, Pero Dominguez de Quelmelas, Pero de Melide, Pero Perez pedreiro, Pero Perez de Vilariño.

Et eu Estevoon Martinez notario jurado publico del rey en Limia e notario en Allariz do inffante don Felippe que a escrivi e presente foy a esto e este meu signo y fiz.

(sinal)