201
s/d
Martín Sánchez, provisor do bispo, afora a perpetuidde a Xoán Anes de Reguín, morador en Prado, unha herdade e monte nese lugar, coa condición de poñer vinte cavaduras de viña en oito anos, por sétima de viño branco e composta. (fol. 64-64v)
Sabean quantos esta carta de aforamento viren como, eu Martin Sanches abade da igleia da Triindade da çidade d’Ourense et provisor de meu señor don Diego obispo d’Ourense, porlo poder que eu ey do dito señor obispo dou et outorgo aforo a vos, Joan Yanes de Regyn que sondes presente, morador en Prado, que he enna freigesía de Santa Maria de Sobrado et a todas vosas voses para senpre, conben a saber que vos aforo a herdade \e monte/ do Gardal, que está enno Gardal, que he enna freigesía de Santa Maria de Sobrado et parte de huna das partes porlo camiño vello que vay d’Ourense de Sobrado para Ourense et da outra parte parte porla Touça da Vella et en çima topa enna viña de Gonçalvo Martines ( fol. 64)
de Pennas Alvas aforo vos os dito monte e her et en çima fere en viña de Gonçalvo Martines et en fondo fere en tarreo que labra Alvaro da Seara e Gonçalvo da Bacariça. Aforo vos o dito monte e herdade con todas suas entradas etç. por tal condiçon que doje a oyto annos primeiros sigentes que ponades do dito monte viinte cabaduras de viña ou mays se mays poderedes poer e ellas postas que as labredes et paredes ben e façades delas foro de setyma vos et vosas voses ao dito señor obispo et a seus suçesores etç. a qual et mays o dezemo que deus der enna dita novidade, a qual novidade colleredes por ollo do mayordomo do dito señor, ao qual proveeredes de comer e de beber etç. et daredes a conposta enna viña e o viño branco no lagar etç. e do al disemo a deus e outrosy non faredes manda nen oniversario etç. e obrigo os beens do dito señor obispo etç. et eu o dito Joan Yanes de regyn obrigo meus beens etç. e de faser o dito foro de setima etç. Penna quiñentos mrs. etç. Tests. Alvaro Fernandes canonigo enna igleia d’Ourense, Joan de Santo Anton, Pero Bibiaas, Joan Afonso de Prado, Afonso Yanes moradores enno couto de Sobrado et de Ventrases.