GMH/ÍNDICE A-Z

500
1434s/d
Gonzalo de Sarria traspasa a Fernando da Arca un piteiro de viña que ten aforado da confraría de Santa Eufemia, por non poder el cumprir as condicións do contrato. (fols. 154v-155)

Fernando da Arca.

Sabean quantos esta carta de aforamento viren como eu Gonçalvo de Sarria vesiño d’Ourense, por rason que eu teño aforado da confraría de Santa Oufemea hun piteiro de viña que jas a par da Ponte Pedrina, daquel cabo o río, et parte de huna das partes con viña de Pero Sanches de Pontevedra et da outra parte con viña de Nuno Gonçalves da Praça notario e da outra parte con viña de Diego Lopes alfayate et fere da outra parte con viña do dito Pero Sanches e por quanto o non poso lavrar nen parar segundo que estou (fol. 154v)

obrigado etç., por ende dou e traspaso o dito piteiro de viña en vos Fernando da Arqa que sondes presente et en vosa moller (- - -) que non he presente, moradores enna dita çidade, por lo tenpo et voses que o eu teño aforado da dita confraría, por tal condiçon que o labredes et paredes ben et façades del foro de hun anno a dita capela de tres mrs. de dños. brancos por cada día de San Martiño et do al traspasoo en vos de disemo a deus etç. e obrigo os beens da dita capela etç. e se quiserdes vender que frontedes a dita capela \confraría/ etç. e logo todo jur, dereito etç. et eu o dito Fernando da Arca obrigo meus beens de pagar os ditos tres .- a dita capela de cada anno etç. Penna çen mrs. etç. Tests. Pero Carneiro coengo, Afonso Gomes d’Allaris et Pero Paas, Gonçalvo Coello çapateiro vesiños d’Ourense.