GMH/ÍNDICE A-Z

D136
1459, abril, 30
Xil Fernández Carneiro, racioneiro, obrígase a entregar ao alcalde a documentación relativa a un preito sobre unha mula e acémilas. (fol. 42v)

Pero de Miranda alcallde.

E a triinta dias de abril, en Ourense, Gil Fernandes Carneiro raçoeiro enna iglesia d’Ourense se obrigou de dar entregar a Pero de Miranda alcallde (o p)* o poder que o Joan Gonçalves arçediano de Baronçelle et el ten do chantre d’Ourense e as outras escripturas et autos que avyan pasado por Pero Fernandes notario en rason dos autos da mulla et azemellas, todo ata domingo primeiro, para o qual obrigou sy e seus bens, penna de seysçentos mrs. Tests. Afonso Gonçalves d’Agiar coengo, Ares de Prado, mestre Antonio et Namorante, Gonçalvo Vasques.