GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1012
1427, maio, 31. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Gonzalo Pérez, cóengo de aniversario, e a dúas voces medio horto e terreo edificable en Lugo por renda anual de dez marabedís o primeiro beneficiario, e doce marabedís as voces, maila obrigación de construír unha casa.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 159 r.
   

Saban quantos esta carta de aforamento viren como nos as persoas et coengos et raçoeyros da iglesia de Lugo et coengos de aniversarios estando en noso cabidoo por canpaa tangida, segundo que avemos de uso et de custume, de conssintimento de Lopo Ferrnandes, coengo en a dita iglesia de Lugo et rendeyro prinçipal dos aniversarios da dita iglesia, entendendo que he noso proveyto et de nosos suçesores et da dita iglesia aforamos a vos Gonçalvo Peres, coengo de aniverssarios en a dita iglesia et clerigo de Santa Alla de Asperante, a metade de todo ho orto et con a metade do casal de huna cassa que ias en hermo junto con outra vosa casa em que vos morades, que he dos ditos aniversarios, da parte de çima contra outro orto que ora tem Fernando Eanes, sanchristan, que esta açerca dos Fiees de Deus, que perteesçen a os ditos aniverssarios, et esta junto con outra vosa casa que teedes da dita iglesia, et fere da outra parte en huna casa de Gonçalvo Martines, mercador, que esta en Barro Falcon, et con a metade de todos los outros casares segundo que os tina Lopo de Prol, foreyro que deles foy; o qual dito foro vos assy outorgamos et fazemos con todas suas entradas et seydas et poço et agoas vertes et jures et pertenenças que a el perteesçen do çeo a terra, et sub o signo da Capela de San Pedro de Lugo, por vos et por outras duas persoas depus vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a tempo de voso finamento, et a outra qual nomear aquela que por vos for nomeada, et se non for nomeada que seia aquel, ou aquela persoa, que herdar vosos bees de dereyto, ou a mallor parte deles, a a tal pleito et condiçon conven a saber que façades en a metade do dito casal huna casa con seu sobrado cuberta de madeyra et de lousa, et tenades a dita casa et orto vos et as ditas persoas feyta et reparada, et labredes o dito orto et tenades en boo paramento por tal maneyra que se non perga con mingua de laborio; et dedes de foro et penson em cada hun ano, a os ditos aniversarios et rendeyro deles, des moravedis longos por dia de Natal, oyto soldos por cada moravedi, da moneda que se correr de mercador a mercador en vossa vida, et as persoas depus vos que paguen doze moravedis longos da dita moneda; et avedes de faser a dita casa da feyta desta carta ata tres anos compridos sen condiçon alguna.

Et eu, o dito Gonçalvo Peres, que presente estou por min et por las ditas persoas asi reçebo de vos, o dito cabidoo, o dito foro por las condiçoes et maneyras sobreditas, et obligo a min et a meus bees et das ditas persoas para comprir, pagar et reparar a dita casa fasta et faserla fasta (sic)  o dito tempo et termino segundo dito he. Et a finamento da postrimeyra persoa que leyxedes ben feyta et reparada a dita cassa et orto con todos los boos paramentos que en elles foren feytos a a dita iglesia et aniversarios dela. Et nos o dito cabidoo asi vo lo outorgamos. Et eu o dito Gonçalvo Peres asi o reçebo. Et porque esto seia çerto nos as ditas partes mandamos et rogamos a o notario iuso escripto que fezesse desto duas cartas huna para nos, o dito cabidoo, et outra para vos, o dito Gonçalvo Peres, et persoas signada do dito notario et seelada con noso seello.

Foy feyto et outorgado en a çibdade de Lugo, postrimeyro dia de mayo, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et sete anos.

Testemoyas: don Afonso Lopes, chantre; don Lopo Dias, mestrescola; Fernan Peres, Johan Dias, Afonso da Bayla, Joan Monteyro, coengos; Fernan Fernandes, Fernando Rodrigues, raçoeyros; Fernando Peres de Bardancos, Estevo Eanes, Fernando Eanes, Rodrigo Ares, Joan Afonso, Afonso Fernandes de Gonçe, Roy Fernandes, Afonso Fernandes de Meylay, coengos de aniversario da dita iglesia de Lugo.

Et eu Fernando das Cortinas, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade ordenaria, a o sobredito con as ditas testemoyas presente foy et por mandado do dito cabidoo, et a rogo et pedimento do dito Gonçalvo Peres este publico instromento por outro fis scripvir et aqui puge meu nome et signal en testemoyo de verdade (signo).

Fernandus, notario.