GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

952
1417, setembro, 28. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Gonzalo Yanes, á súa muller e a unha voz herdades e casas en Manán, freguesía de San Salvador do Mato, por renda anual de trece marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fs. 123 r. e v.

Sabam todos como nos as persoas coengos et benefiçiados do cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en nosso cabidoo en o coro da dita iglesia por campaa tangida, segundo que avemos de uso et de custume, avendo primeyramente nosso consello et deliberaçon, et veendo et entendendo que he nosso prol et de nossos suçessores de consentimento de Lopo Ferrnandes, coengo, rendeyro prinçipal dos aniverssarios da dita iglesia, que esta presente et outorgante, aforamos a vos Gonçalvo Yanes, morador en Losseyro, et a vossa muller, Ynes Ferrnandes, et a huna perssoa qual o postrimeyro de vos nomear en sua vida ou a ponto de seu finamento, et se por ventura non for nomeada que seia aquela que erdar vossos bees de dereyto, todas las erdades et casas et arvores et formaes que os ditos aniverssarios am en Manay sub signo de San Salvador do Mato, segundo que os ussava et posuya Ares Afonso do Campo en sua vida, as quaes vos aforamos con todas suas entradas et seydas et prados et pascos et outras quaesquer coussas a elas perteesçentes, segundo que as o dito Ares Afonso posuya, a tal condiçon que façades labrar ben as ditas erdades et reparar as casas delas de aquelo que lle feser mester, et manteerlas feytas et levantadas, et erdades lavradas et en boo paramento, et façades sacar de monte as que em el iasen; et dedes de foro et renda en cada un ano, cada un de vos et a dita persoa, por las ditas erdades et casas trese maravedis de longos, contando a blanca en tres dineyros, que os pagedes em pas et em salvo em esta çiudade de Lugo sen desconto algun, a aquel que for rendeyro dos ditos aniversarios, por dia de San Martino; et a finamento da postrimeyra persoa que suçeder despoys en o dito foro, como dito he, que as ditas erdades et casas fiquen quitas et livres et desembargadas a a dita iglesia de Lugo et a os aniverssarios dela, con todos los boos paramentos que en elas foren feytos.

Et eu, o dito Gonçalvo Eanes, que pressente estou, por min et en nome da dita mina muller et persoa asi reçebo de vos, as ditas perssoas do dito cabidoo, o dito foro et obligo meus bees et seus de o pagar et conprir et atender segundo et en a maneyra que dita he. Et nos, as ditas persoas do dito cabidoo, asi vos lo outorgamos. Et porque esto seia çerto / nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario iuso scripto que faça desto duas cartas de foro anbas feytas en un tenor, ou mays se compriren, as mays firmes que se poderen faser em dereyto.
Feyto et outorgado foy esto que dito he en a çiudade de Lugo, vynte et oyto dias do mes de setembro, ano do nasçemento de nosso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et des et sete anos.

Testemoyas que foron presentes: don Lopo Dias, mestrescola; Rodrigo Ares, chantre de Santiago, Lopo Ferrnandes, Afonso Teyxeyro, Nuno Gomes, coengos; Pedro Ferrnandes das Camoyras, Rodrigo, signeyro, et outros.

(sen subscrición).