1340, febreiro, 4. Lugo
O tesoureiro e Fernando Domínguez afóranlles a Diego Rodríguez e á súa
muller e a unha voz a leira da Cuadra e outras propiedades. Deberanlle
pagar, como renda anual, á igrexa de Valonga a cuarta e décimo do
producido.
Sabeam
quantos esta carta viren commo eu Aras Pellaes, thesoreiro da iglesia
de Lugo et prestameiro da iglesia de Sancta Maria de Valonga, et eu
Fernan Domingues, prellado da quarta desa iglesia de Sancta Maria de
Valonga, con outorgamento do cabidoo de Lugo, avervamos a vos, Diego
Rodrigues de Outeyro de Valonga, et a vossa muller Sancha Aras por en
toda vossa vida d’anbos et dous et de huna pesoa semelavele de vos
qual o postrimeyro de vos nomear en vida ou a tenpo de voso
finamento, huna leyra d’erdade chamada da Quadra con outra leyra
que iaz sobre la carreyra a a sobr’esta leyra. Et demays vos
avervamos tres teegas semente d’erdade enna agra de Giestedo, que
iaz a par do comaro ,que departe de Belsende et da iglesia sobredita,
a qual leyra et herdade sobredita son da dita iglesia de Valonga. Et
vos avervamos esta maneira: conven a saber que as avedes a lavrar et
parar ben, et avedes a dar cada anno, a a dita iglesia de Valonga, ou
a aquel que por el ouver de reçeber, a quarta et o diçimo en salvo
pello moollo, do que Deus der nas ditas leyras. A tenpo de finamento
de vos et d’aquella pesoa que for nomeada deven a ficar a dita
herdade a a dita iglesia de Valonga con todos los boos paramentos que
y foren feitos.
Et
eu, Diego Rodrigues que estou presente, asy reçebo de vos o dito
thesoreyro et Fernan Domingues con outorgamento do dito cabidoo, o
vervo et foro da dita herdade por min et po-lla dita minna muller
Sancha Aras et po-lla pesoa que for nomeada, et obligo meus bees para
vos dar cada ano o quarto et o dizimo en salvo dos novos que Deus der
na dita herdade, et para conprir as cousas sobreditas. Et que esto
seia çerto nos as ditas partes rogamos a Ruy Fernandes, notario
publico de Lugo, que fezese ende esta carta.
Que
foy feita en Lugo, quatro dias de freveiro, era de mill et CCCos
LXXª et oyto annos.
Testemoyas:
Iohan do Carvalal, clerigo; Pedro Cabeça de Valonga; Fernan
Domingues de Sant Martino de Lua; Domingo Eanes, Lopo Peres, don
Fernan de Deus, chantres; don Pedro Iacome, iuys; Andres Perez, Iohan
Fernandes, Pedro Galvan, Iohan Diaz, Fernan Affonso et Affonso Eanes,
coengos de Lugo ts., et outros.
Et
eu Ruy Fernandes, notario publico de Lugo dado por auctoridade do
bispo desse miismo lugar, a esto commo dito he presente foy et a rogo
das partes sobreditas esta carta en mina presença fiz escrivir et
puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.