GMH/ÍNDICE A-Z

245
1340, decembro, 23
foro

Os clérigos do coro afóranlle a unha voz a Xoán Martínez, tamén clérigo do coro, unha viña en Gomariz por 15 libras.

ACOu, Clérigos do Coro, 65

Conuçuda cousa seia a quantos esta carta viren que eu Martin Miguez clerigo do coro da igleia d’Ourense, procurador e contador da universidade dos clerigos do coro da dita igleia d’Ourense, presente e outorgante a mayor parte dos ditos clerigos da dita universidade e por seu mandado dou a foro a vos Johan Martinez clerigo do dito coro e a huna voz apus vossa morte a qual vos nomeardes ou herdar vossos beens de dereyto, huna leyra de vina que os ditos clerigos do coro am no lugar hu chaman Gomariz aalen da Barbana, a qual os ditos clerigos conprarom de Dominga Eanes dos Brancos moller que foy de Martin Salamon, a qual vina iaz a par doutra vina que foy de (...) alfayate e a par doutra vina que ten Maria Perez moller de Domingo (...)ostes carniçeiro que foy d’Ourense. Dou vos a foro a dita vina con entradas e con seydas e con todos seus dereytos e perteeças por tal condiçon que vos e a dita voz lavredes e paredes ben a dita vina commo non deffalesca por mingua de lavor e de boon paramento. Et que dedes dela cada anno aos ditos clerigos do coro en salvo ou ao seu moordomo que os por elles recadar quinze libras de brancos por dia de Santo Andre e que pero ata dia de Natal non seer penorado por ellas. Et a dita vina he de dizemo a deus e livre e quite doutro embargo nenhun. Et obligo a vos os bees da dita universidade con que seiades anparado con a dita vina a dereyto. Et eu Johan Martinez sobre dito reçebo en min a dita vina polo dito foro. Et obligo min e todos meus bees gaanados e por gaanar a pagar e conprir e agardar commo sobre dito he su pena de tres mor. cada dia dello termio endeante. Et eu Martin Miguez procurador sobre dito obligo a vos Johan Martinez os bees da sobre dita universidade por que seiades a dereyto con a dita vina. Et nos a dita voz seida que a dita vina fique livre e desembargada aos ditos clerigos. Et qual quer das partes que contra esto passar e o non agardar como sobre dito he peyte a autra cinqoeenta mor. de pena. Et a pena pagada ou non pagada esta carta fique firme e valla no tenpo sobre dito. Feyta a carta en Ourense, xxiii dias dezenbro, era de mill e ccclxxviii annos. Testemuyas que presentes foron Gonçalvo Martinez dito Rella, Pero Lourenço de Cimadevilla, Domingo Eanes clerigos do coro e outros moytos.

Et eu Pero Martinez notario jurado na cidade d’Ourense que a esto presente foy e estas cartas partidas por .a.b.c. por mandado da dita universidade scrivi e meu synal en cada huna delas puge que atal he en testemuyo de verdade.

(sinal)

[reverso] Carta da viña de Gomaris.

[en letra do s. XVI]: Carta da vina de Gomariz que agora ten Soeyro de Novoa que vive na rua de Penavigia yndo para a Fonte Arcada.