GMH/ÍNDICE A-Z

77
1311, febreiro, 1
arrendamento

O cabido arréndalle vitaliciamente a Xoán Iáñez, dito de Biduedo, todas as posesións nas freguesías de Cenlle e San Lourenzo da Pena por 700 mrs., a metade por San Xoán e a outra metade por Santa María.



ACOu, Escrituras XIX, 433

Sabian quantos esta carta viren commo nos Pero Gonçalves coengo d’Ourense e vigario de don Gonçalvo Nunes dayan desse lugar et o cabidoo d’Ourense arendamos a vos Johan Yanes dito de Biduedo morador eno Pineiro que he ena frigisia de San Lourenço da Pena en toda vosa vida e mays non todallas possisoens e rendas e dereituras, searas, casas e lagares e voentades e todollas outras cousas que nos avemos ena frigisia de Çeelle e ena de San Lourenço da Pena assy commo os de nos o dito dayan tevo arendadas, por tal condiçon que vos lavredes e façades lavrar ben as herdades en guisa que non deffallescan por miga de lavor e reparar ben as casas e os lagares de toda cousa que ayan mester. Et dardes cada ano ao dito cabidoo en salvo en Ourense setesentos mrs. da moeda branca del rey don Fernando de oyto en soldo o mr. Et se esta moeda non for en uso de corer commo agora core que pagedes a estimaçon della doutra moeda que corer asy commo a estimaren dous coengos da igleia d’Ourense et pagardes os ditos mrs. en estimaçon, a meatade por dia de San Johan Bautista a autra meatade por Santa Maria dagosto e esta renda nonna enbarge grando nen geada nen outra tenpestade nen unna nen outra cousa nen unna que acaesca que a non pagedes cada anno en salvo ao dito cabidoo aos termios sobre ditos sen contenda e sen enbargo nen uun. Et se contenda dalguna cousa desta renda sobre dita recreçer entre o cabidoo e vos que se determii por dous do cabidoo postos a praser das partes, toda appellaçon removuda. Et para todo esto assy conplir, eu Johan Yanes sobre dito obligo min e todos meus beens gaanados e por gaañar. Et demays dou con migo fiadores Garçia Yanes de Paaços ena unna meatade desta renda e Johan Peres do Rollo morador en Roucos ena outra meatade, estes fiadores presentes e outorgantes, et obligamos a esta fiadoria si e seus beens. Et outrosy se cada uun destes fiadores morer ante ca eu Johan Yanes, que eu que vos de outro fiador manente en seu lugar a cabo dun mes. Et se eu Johan Yanes estas cousas sobre ditas non agardar nen conplir asy commo sobre dito he que o cabidoo tome a dita renda por sua outoridade e sen ecomia nen unna se quiser. Outrosy nos Pero Gonçalves coengo e vigario e cabidoo sobre ditos prometemos que vos anparemos e vos defendamos conna dita renda a dereito eno tenpo sobre dito por nos e pollos beens do cabidoo. Feita a carta en Ourense, primeiro dia de fevereiro, era de mill e ccc xl e nove anos. Tests. que presentes foron Martin Affonso raçoeiro da igleia d’Ourense, Johan Rodrigues moordomo do dito cabidoo, Pero Martines dito Escudeiro, Miguel Peres notario d’Ourense, Gonçalvo Yanes dito Namorado, Gonçalvo Gomes escrivan.

Et eu Domingo Yanes Cougil notario jurado por el rey en Ourense a esto presente foy e escrivi e aqui poño meu nome e meu signal que tal he.

(sinal)