GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

402
1340, marzo, 20. Lugo

O Cabido de Lugo afóralle a Arias Fernández e a dúas voces unha porción das súas propiedades en Santa María de Carlín por renda anual de 20 soldos. Deseguido, o clérigo Xoán Fernández, irmán do foreiro, faille doazón ao Cabido das súas propiedades na citada freguesía.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 30v; Libros, lib. 6289 con referencia ao Lib. A, fol. 30.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos, o cabidoo da iglesia de Lugo, seendo iuntados en cabidoo eno choro da dita iglesia segundo que avemos de usso et de custume de faser cabidoo con outorgamento de dom Pedro Iacome, juys et vigario de dom Fernan Aras, dayam desa iglesia, avervamos a vos Aras Fernandes, fillo de Fernan Fernandes de Castro, morador em Ruymir, por en todos vosos dias et de duas pesoas hunas a pus outras, huna qual vos nomeardes em vida et a o tenpo de voso finamento, et outra pesoa qual nomear aquel que vos nomeardes, a setima da meatade da herdade de toda a fiigregia de Sancta Maria de Carrillim con todo iur do padroadego que nos avemos et nos perteeçe enna iglesia de Sancta Maria de Carrillim, et con todas suas dereyturas et pertenenças, a monte et a fonte, peru quer que vaa su o dito signo de Santa Maria, a a tal raçon conven a saber que vos, Aras Fernandes et a aquellas pesoas que foren nomeadas, avedes a lavrar et parar ben a dita herdade et tragela aiurada po-llo cabidoo da iglesia de Lugo, et tirarla donde iouver ealleada et mal parada. Et avedes-nos a dar cada anno, por dia de Sant Miguell, vos o dito Aras Fernandes, por foro et en reconoçemento viinte soldos desta moneda del rey dom Afonso, que façen quatro dineiros novees tres soldos. Et as outras pesoas, que ficaren depoys de vos, que foren nomeadas en que fique a dita herdade, am de pagar cada ano a o dito cabidoo, ou a aquel que o por el ouver de reçeber, viinte et quatro soldos da dita moneda, et pagarlos en pas et en salvo en Lugo, a o praço de Sant Migeel sen desconto ningun. Et este foro desta herdade non avedes a vender, nen a supynorar, nen dar, nen eallar se non a pesoa semellavele de vos que nos page ben a dita renda.

Et eu Johan Fernandes, clerigo do choro de Lugo, yrmao do dito Aras Fernandes, que estou presente, por esta graça et aforamento que vos, o dito cabidoo, façedes deste herdamento, que aforades a o dito Aras Fernandes, meu yrmao, dou a vos, o dito cabidoo, que aiades para senpre por iur d’erdade, todo o herdamento igligario et leygario, que eu aio et me perteeçe por parte do dito meu padre, Fernan Fernandes, en toda a fiigregia sobredita de Sancta Maria de Carrillim, et juntoa logo a est’outra herdade que vos aforades a este dito meu yrmao, et que a tena el et estas pesoas en toda sua vida, et a tenpo de \voso/ finamento et da postrimeira pesoa que vos fique a dita herdade con esta outra vosa que aforades livre et quita et desenbargada con todos los boos paramentos que y foren feytos. Et eu Aras Fernandes, que estou presente, asy reçebo de vos, o dito cabidoo, con outorgamento do dito dayam, o vervo et foro da dita herdade, por min et por las pesoas que foren nomeadas, et obligo min et todos meus bees para vos pagar cada ano os ditos dineiros en pas et en salvo en Lugo a o praso sobredito, et comprir as cousas sobreditas so pena de hun moravedis da dita moneda, que vos pague et peyte por nome de pena et interee non vos pagando os ditos dineiros a o praço sobredito, eu et as ditas pesoas. Et demays que vos fique teudo a pagar os ditos dineiros et comprir as cousas sobreditas. Et que esto seia çerto nos, o dito cabidoo et Aras Fernandes, rogamos a Ruy Fernandes, notario publico de Lugo, que fezese desto duas cartas en hun tenor tal huna commo outra.

Que foron feytas en Lugo viinte dias de março, era de mill et CCC LXX VIII anos.

Testemoyas: don Fernan de Deus, chantres de Lugo; don Aras Pellaes, thesoreiro; Fernan Affonso et Afonso Eanes, Andres Peres, Iohan Dias, coengos da iglesia de Lugo; Pedro Miguelles, Fernan Eanes, Iohan Peres, Afonso Eanes, clerigos do choro de Lugo, ts.

Et eu Ruy Fernandes, notario publico de Lugo dado por auctoridade do bispo desse miismo lugar, a esto commo dito he presente foy et a rogo das partes sobreditas et con outorgamento do dito vigario do dayam esta carta en este livro do cabidoo en mina presença fiz escrivir et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.