O Concello ordena entregar un total de 415 mrs., que
está pendente de cobrar por varios conceptos, a Margarida Fernández,
para que ela pola súa vez pague esa cantidade que debe dos pedidos de
anos pasados, anotándollos en conta dos 500 mrs. que o Concello lle debe
a ela polo préstamo que fixo cando se enviaron a Zamora procuradores
con ocasión da convocatoria real a todas as cidades do reino. (fols.
9v-10)
Mandamento da moller de Gonçalvo Fernandes do Bouteiro.
Anno sobre dito, a II dias do mes de juyo, en Ourense ennas casas de Garçia Dias d’Espinosa, presentes y o dito Garçia Dias et Alvaro Afonso et Estevo Fernandes et Gomes de Chantada rejedores, Loys Gonçalves, mestre Fernando juises da dita çibdade et Afonso Gonçalves de Meende procurador dela, logo todos ordenaron e mandaron que por rason que eran devidos a Margarida Fernandes et a Gonçalvo Fernandes do Bouteiro seu marido que fora, quinentos mrs. branca en tres dños. que enprestara ao conçello para os procuradores (d)* do dito conçello quando foran por mandado de noso señor el rey a çibdade de Çamora, quando a sua merçed mandara chamar todoslos procuradores do reyno, os quaes quinentos mrs. lle aynda eran devidos, et por quanto a dita Margarida Fernandes devía quatroçentos e quinze mrs. branca en tres dños. dos pedidos dos annos pasados, por ende que mandavan que para en pago dos ditos mrs. que lle asy devian e para que ela pagase aos ditos pedidos que (be)* lle fosen pagos os ditos CCCC XV.- en esta gisa: que lle pagase Loys Gonçalves das Tendas juis tresentos mrs. branca en tres dños. dos mrs. que devía da renda de pesos et pagas do anno pasado de XXXV annos et Alvaro da Fonteyna et Alvaro carniçeiro que lle pagasen çento e quinse mrs. da dita moeda, que eran asy conpridos os ditos (fol. 9v)
quatroçentos e quinse mrs. que a dita Margarida Fernandes devia dos ditos pedidos, et que mandavan que os pagasen ata día de Santiago primeiro sigente et que lle mandavan entregar sua taça et que davan o remate por nenhuun, que da dita taça era feito, e asy diseron que o mandavan et determinavan.