1340, xullo, 7. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo arréndanlle, durante oito anos, ao clérigo
Fernando Vázquez os aniversarios por oito marabedís diarios e indican
como se deben distribuír.
Eno
nome de Deus amen. Sabeam quantos esta carta viren commo nos Fernan
Aras, dayam, et o cabidoo da iglesia de Lugo, arrendamos a vos Fernan
Vaasques, clerigo, moordomo do dito dayam, todos os anniversarios que
a iglesia de Lugo ha, et os que se vagaren en este tenpo desta renda
d’aqueles que ia son et foron mandados a a iglesia de Lugo, conven
a saber deste Sant Iohan Baptista que agora passou ata oyto annos
compridos segundo commo se sempre husaron en renda, conven a saber
que aqueles casares que o dito Fernan Vaasques achar pobrados ou
avervados en que aian de ficar pobro que el que os leyxe assy
pobrados commo os achar et que non tome ende pobro, et se o ende
tomar que o entregue ata aquel tenpo que se conprir esta renda, et
quantos boos paramentos el feser assy nos casares commo nas outras
cousas que perteesçen a os ditos aniversarios han de ficar a a dita
iglesia de Lugo compridos estes oyto annos. Et o dito Fernan Vaasques
ha de dar por esta renda sobredita oyto moravedis minos quarta,
d’oyto soldos cada moravedi, desta moneda del rey don Affonso, et
pagarnos de cada dia os ditos oyto moravedis minos quarta. Logo
asignaron o dayam et os omes boos do cabidoo que se pagassen en esta
guisa: conven a saber dez et seys soldos a os matiis, et XVI soldos a
a prima, et quatorçe soldos a a terça, et XVI soldos a a vespera.
Et esta paga faserdes-la sub pena de çinquo moravedis da dita moneda
de cada dia. Et esta pena que se leve ante que o cabo. Et o cabidoo
halle a coller en conta tomas et forças de rey et de infante et de
ricome et do bispo et de merino segundo commo se senpre acustumou
ennas outras rendas da iglesia de Lugo. Et este sobredito Fernan
Vaasques ha de leyxar en boo estado et reparadas aquelas casas que
agora estan feytas segudo commo agora estan, et a o de meos que non
fiquen en peor estado do que ora estan, salvo se caeren de pe ou
arderen. Outrossy ha de pagar as proçisoes et letanias et os
dineiros de Natal, et os XX soldos da missa da luz, et a palla para o
choro por tres festas do anno, et ha de dar por sua custa o dito
Fernan Vaasques quen distribuya os dineiros a aqueles que mandar o
[camaayro], et o cabidoo halle de dar as cartas que lle compriren
para prol dos aniversarios cada hun na sua iurisdiçon sen
chançellaria, et aiudarenno et chegarenlle dereito d’aquelles que
o forçar quiseren en quanto elles poderen. Outrossy o cabidoo tira
desta renda aquelas cousas que o cabidoo agora trage aiuntadas a sua
mesa commo quer que esten scriptas no livro dos aniversarios, et tira
ende a casa da rua Minaa que ten do cabidoo Ruy Fernandes, notario.
Outrossy
se obispo non der escambeo por la casa do forno que ten que os
desconten cada anno por ella XV moravedis.
Et
eu, o sobredito Fernan Vaasques, que estou presente assy reçebo de
vos, os sobreditos dayam et cabidoo, a dita renda, et obligo meus
bees para pagar et comprir todo esto commo dito he. Et demays para
vos pagar a dita renda et conprir et gardar todo esto como dito he
douvos por fiadores a todos en senbra et a cada hun por lo todo a
Vaasco Diaz et a Fernan Afonso, coengos de Lugo, et Iohan Fernandes
do Canpo, razoeyro desa iglesia de Lugo, elles presentes et
outorgantes seus bees a a dita fiadoria. Et se por la ventura cada
hun destes fiadores mays veer que vos de outro fiador en lugar del
para conprir et guardar todo o que sobredito he. Et por que esto seia
çerto nos, os sobreditos dayam et cabidoo et Fernan Vaasques et
fiadores sobreditos, rogamos a Ruy Fernandes, notario publico de
Lugo, que feçesse desto duas cartas en hun tennor tal huna commo
outra huna que desse a o dito cabidoo et outra a min Fernan Vaasques.
Que
foron feytas enna casa do thesouro da dita iglesia seendo iuntados o
dito dayam et cabidoo en cabidoo por campaa taniuda, sete dias de
iullio, era de mill et CCC LXX VIIIº annos.
Testemoyas
que foron presentes: Andres Peres, Iohan Fernandes, Pero Galvan,
Iohan Diaz, Affoso Eanes, coengos; Pero Fernandes, Fernan Eanes,
Affonso Eanes, Affonso Ianeiro, Johan de Lovea, coengos
d’aniversario; Fernan Peres, notario de Lugo; Iohan Peres, seu
irmao; Gomes, omme do dito dayam; Sancho Dias, irmao do dito Iohan
Diaz; Domingo Eanes, ome do thesoreyro, ts.
Et
eu Ruy Fernandes, notario publico de Lugo dado por auctoridade do
bispo desse miismo lugar, a esto commo dito he con as testemoyas
sobreditas chamado et rogado presente foy et a rogo das partes
sobreditas esta carta en minna presença fiz escrivir et puge en ella
meu signal en testemoyo de verdade.