GMH/ÍNDICE A-Z

H18
1435( ) (, decembro)
Xoán González, reitor de Santa María de Bobadela, e Roi Fernández, reitor de Santa María de Castromao, permutan os seus respectivos beneficios, arrendándolle simultaneamente o primeiro ao segundo o dito beneficio de Santa María de Castromao por 300 mrs. anuais. (fol. 7-7v)
Et logo en este dito día e ora et por estas tests. o dito Joan Gonçalves, clerigo da dita iglesia de Santa Maria de (vul)* Bobadella, et Roy Fernandes, clerigo reytor da iglesia de Santa Maria de Castromaao, feseron ontre anbos a dous contrauto et conpustura en esta maneira que se sige, que o dito Joan Gonçalves ficou que se o dito Roy Fernandes lle dese legitimaçon do padre santo para que aja outro benefiçio que o dito Joan Gonçalves ficou de permutar o dito seu benefiçio de Santa Maria de Bobadela con o dito Roy Fernandes por lo dito seu benefiçio de Santa Maria de Castromaao, et tanto que lle día a dita legitimaçon que logo trasmute con el, et feita a dita permutaçon huun con ho outro, obrigouse o dito Rodrigo Fernandes delle dar outra graça de legitimaçon do dito padre santo, para que aja outro benefiçio et que o dito Rodrigo Fernandes que aja anbalas ditas legitimaçoens ao dito Joan Gonçalves por suas custas e mensoens, et feita a dita permutaçon que por eso que (o)* Gomes Lourenço /clerigo\ que seja tiundo et o dito Rodrigo Fernandes de dar de cada huun anno ao dito Joan Gonçalves tresentos mrs. por rason do arrendamento que o dito Joan Gonçalves /logo\ feso ao dito (Gomes Lourenço clerigo)* /Rodrigo Fernandes do dito seu benefiçio de Santa Maria de Castromaao\ segundo que por min (pasou)* /outorga\ et avendo o dito Joan Gonçalves outro (fol. 7)
benefiçio et leixando o dito benefiçio de Santa Maria de Castromaao por aver outro e avendoo que os ditos Gomes Lourenço nen Rodrigo Fernandes que lle non dian os ditos tresentos mrs. do dito arrendamento, et mays se obrigou o dito Rodrigo Fernandes de pagar por sy e por lo dito Joan Gonçalves os (marqos)* marqos e chançellarias e collaçoens et apresentaçoens danbolos ditos benefiçios, en tal maneira que o dito Joan Gonçalves aja o dito seu benefiçio de Santa Maria de Castromaao en paz et en salvo sen pagar dereitos nen marcos nen chançellarias nehunas, et mays de lle daren huna capa e huna espada que lle estava ocupada ou de pagar por ela o que manda Afonso Garçia /en sua conciencia\ prior do mosteiro de San Pero de Rocas, et que seja ygoal da dita espada e da dita capa, ata (día)* medeado o mes de janeiro, sobre lo qual anbos a dous feseron anbos anbos juramento en forma devyda de o teer e conprir todo asy et de non pasar contra elo, sopenna de ynfames e fe perjuros etç. e de non aver asoluçon delo etç., contrauto forte e firme etç. Tests. os sobre ditos. (fol. 7v)