GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

365
1338, febreiro, 3. Lugo

O arcediago de Sarria, o tesoureiro e Afonso Eanes, racioneiro, afóranlles a Gonzalo Eanes e á súa muller e a unha voz unha casa próxima á igrexa de San Pedro. Pagarán anualmente 10 soldos por foro e deberán cubrila de lousa.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 31r.

Sabeam quantos esta carta viren commo eu Alvar Dias, archidiago de Sarrea, et teente o prestamo de Sant Pedro, por Meestre Iohan Fabre, reçeptor dos bees que perteesçen a a camara de noso sennor o Papa, et nos Aras Pellaes, thesoreiro da iglesia de Lugo, et Affonso Eanes, raçoeyro desa iglesia, procuradores dos aniversarios da dita iglesia, con outorgamento do dayam et cabiidoo da iglesia de Lugo, avervamos et aforamos a vos, Gonçalvo Eanes et a vosa muller Tereyia Peres por en toda vosa vida d’anbos et dous et de huna pesoa semelavele de vos qual nomear o pustrimeiro de vos en vida ou a tenpo de voso finamento, huna praça de huna casa que ora esta cuberta de palla, que he cabo a ausia da dita iglesia de San Pedro, a qual praça fere da huna testa cabo a casa de Iohan Rey, ferreiro, et da outra testa no lenço da parede que esta contra o camino que vay para a Madagnela en dereyto a ayra; con suas entradas et seidas et dereyturas, a a tal raçon conven a saber: que avedes a faser a dita casa de parede et cubrila de lousa et mantella en boo estado. Et avedes a dar cada anno por foro et en reconosçemento, a aquel que tever o prestamo de San Pedro et a os aniversarios, dez soldos desta moeda del rey dom Affonso, que fasen quatro dineyros novees tres soldos, et pagar estes dez soldos en esta maneyra, as tres quartas a o que tever o dito prestamo et a huna quarta a os aniversarios da dita iglesia de Lugo, cada anno, por dia de Sant Martino. Et a o tenpo de finamento de vos et d’aquella pesoa que for nomeada deve ficar a dita casa feyta, a o que tever o dito prestamo de Sant Pedro et a os aniversarios, livre et quita con todo-los boos paramentos que y foren feitos.

Et eu, Gonçalvo Eanes sobredito, que estou presente assi reçebo de vos arçidiago et thesoreyro et Affonso Eanes, o vervo et foro da dita casa por min et polla dita minna muller et pesoa que for nomeada, et obligo meus bees, movelles et rayz, gaanados et por gaanar, para pagar cada anno os ditos dez soldos et comprir as cousas sobreditas. Et que esto seia çerto nos as ditas partes rogamos a Ruy Fernandes, notario publico de Lugo, que feçese desto duas cartas en hun tenor tal huna commo outra.

Que foron feytas en Lugo tres dias de freveyro, era de mill et CCC LXXta et seys annos.

Testemoyas que foron presente: don Fernan Aras, dayam; Andres Peres, Iohan Fernandes, coengos de Lugo; Lopo Domingues, Pedro Migees, Pedro Fernandes, Fernan Eanes, Iacome Affonso, Affonso Eanes, clerigos do choro de Lugo; Lopo Peres et Domingo Eanes, homes do sobredito thesoreyro; Ruy Marroto ts., et outros.

Et eu Ruy Fernandes, notario publico de Lugo dado por auctoridade do bispo dese miismo lugar, a esto presente foy et a rogo das partes sobreditas esta carta en mina presença fiz escrivir et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.