GMH/ÍNDICE A-Z

7
1396, setembro, 19. Santiago

O arcebispo, don Johán Garçía Manrique, en reunión co cabido, regálalle a este un luxoso libro da Apocalipse, un privilexio no que o rei confirma os privilexios dos arcebispos que ten a igrexa de Santiago, unha carta do rei don Johán e outra do rei don Henrique nas que dan completa xurisdición ó arcebispo e dous pequenos relicarios de marfil. E de todo mandou tomar nota e gardalo no tesouro. E despois, catro días de novembro, incorpórase tamén do arcebispo un manto co seu manípulo.

Santiago, Arquivo da Catedral, Tombo H, folio 27v-28r.
Citado por LÓPEZ FERREIRO, Antonio, Historia de la Santa..., tomo VI, p. 263-264.
Citado por GONZÁLEZ VÁZQUEZ, Marta, El arzobispo de Santiago: una instancia de poder en la Edad Media (1150-1400), Sada, Seminario de Estudos Galegos, 1996, p. 276 e 277.

Ẽno ano da naçença de nosso señor Ihesu Christo de mjll e treçentos e nouenta e seys anos des e noue días do mes de setenbro. Sábean todos que seendo o mõyto honrrado padre e señor don Iohán Garçía Manrrique, arçibispo de Santiago, e Gonçalvo Freyre, cóengo vigario de dom Gonçalvo Sanches de Bendana, dayán ẽna igleia de Santiago, e Thomás Gonçalves, chantre, e Johán Peres, meestrescola, Gonçalvo Peres, Iohán Garçía, Loppo Garçía, Pero Affonso, Iohán Martíns, cardeães, Johán de Monterrayal, juýs de Vellestro, Roi de Bedma, juĵs de Luou, Pero Fernandes de Gruma, Ruy Goterres, Nuno Gonçalves, Ruy d’Órdẽes, Domingo Eanes, Pero Fernandes, Garçía Peres do Canpo, Áluaro Gonçalves, Johán de Seguença, Johán Fernandes d’Aluelda, Sancho Garçía, Gomes Garçía, cóengos ẽna dita iglleia, juntados en seu cabídoo ẽno thesouro da dita iglleia por tangemento de canpãa, segundo que han de custume e en presença de mjn Affonso Eanes Jacob, notario de Santiago, e das testemoias adeante scriptas, entón o dito señor arçibispo disso que daua e dou logo aa  dita iglleia hũu liuro apocalisy scripto en purgameo e cuberto de cuberturas de táuõas cubertas de coyro uermello con pregos grandes, o qual liuro era scripto em bõa létera formada e con pinturas pintadas e deuisidas segundo que se ẽna léctera del contina. O qual liuro o dito señor arçibispo disso que mandaua que senpre seuese ẽno dito thesouro pregado e fechado con cadeas de ferro e con fechadura, en tal maneira que fosse ben gardado. E os sobreditos bigario do dayán e chantre e cabídoo asý o reçeberon. Testemoias: Johán Fernandes e Aras Afonso, raçoeiros da dita igleja, Johán Affonso, garda do dito thesouro, Gonçalvo Dominges e Fernán de Bea, porteiros do dito cabídõo. E jtem o sobredito día1 o dito señor arçibispo dou aos ditos bigario do dayán e chantre e personas e cóengos /28r hũu priujlegio en que sse contiña que noso señor el Rey confirma tódoslos priujlegios dos arçebispos que a dita igleja há. E outrosý se algũa jurdiçón que dou aquelos outros Reys non deron, que el que fas donaçón dela para o dito señor arçibispo e para seus soçessores. Jtem lles dou dúas cartas del Rey, a hũa del Rey don Iohán e a outra de Rey don Enrrique, en que dá esta meesma \jurdiçón/ ao dito señor arçibispo e a seus socessores. O qual priujlegio e cartas o dito señor arçebispo mandou registrar con auctoridade de alcalles e por notarios en liuro e põer e gardar ẽno dito thesouro, e os sobreditos bigario do dayán e cabídoo asý reçeberon. Jtem lles dou máys dúas arquillas pequenas de marfil para gardar reliquias. Testemoias: os sobreditos. E as quaes ditas cousas entregou ẽno cabídoo Sancho Garçía, cóengo da dita igleja, por mandado do dito señor arçibispo.

Despois desto quatro días do mes de nouenbro. Bernald Eanes, cóengo de Santiago, mostrou a min notario hũu manto de pano d’ouro inperial2 lavrado a léteras mouriscas e outros lavores con seu manípolo forlados de çendal uerde reforçado, o qual manto e manípolo diso que o dito señor e arçibispo dera para a súa capela pontifical e el reçebera de Sancho Garçía, cóengo de Santiago camareiro do dito señor arçibispo, e por seu mandado e con hũa cubertura de pano de linno. Testemoias: Álvaro Fernandes Barrete, Pero de Palença, criado do dito Sancho Garçía, Rui Gerra, criado do notario.

Feito por Sancho Garçía, camareiro do arçibispo.

1 Riscado: que era.
2 Riscado: [fe?].

Materias

alcalde; arca; auto xudicial; avó; biblia; cabido; caderno; cámara arcebispal; camareiro; campá; capela; cardeal; catedral; chantre; cóengo; coiro; concello; confirmación; criado; deán; dignidades; doazón; doazón; escribán; escritura; familia; ferro; fillo; garda; imaxe; libraría; libro; liño; madeira; manto; marfil; mercé; mesa capitular; mestrescola; notaría; notario; ornamentos; ouro; pai; panos; pergamiño; porteiro; privilexio; racioneiro; rei; reliquia; rexistro; tesouro; tesouro; traslado; vigairo; xuíz; xurisdición; arcebispo

Persoas

Afonso Eanes Xacob, notario; Álvaro Fernández de Barrete; Álvaro González, cóengo de Santiago de Compostela; Ares Afonso, racioneiro de Santiago de Compostela; Bernal Eanes, cóengo de Santiago de Compostela; Domingos Eanes, cóengo de Santiago de Compostela; Fernando de Vea, porteiro; García Pérez do Campo, cóengo de Santiago de Compostela; Gómez García, cóengo de Santiago de Compostela; Gonzalo Domínguez, porteiro; Gonzalo Freire, cóengo de Santiago de Compostela; Gonzalo Sánchez de Bendaña, deán de Santiago de Compostela; Henrique III, rei de Castela; Lopo García, cardeal de Santiago de Compostela; Nuno González, cóengo de Santiago de Compostela; Pedro Afonso, cardeal de Santiago de Compostela; Pedro de Palencia, criado de Sancho García; Pedro Fernández de Bruma, cóengo de Santiago de Compostela; Pedro Fernández, cóengo de Santiago de Compostela; Roi de Benavides, xuíz de Luou; Roi de Biedma, xuíz de Luou; Roi de Ordes, cóengo de Santiago de Compostela; Roi Guerra, criado; Roi Gutérrez, cóengo de Santiago de Compostela; Sancho García, camareiro; Sancho García, cóengo de Santiago de Compostela; Tomé González, chantre de Santiago de Compostela; Xoán Afonso, garda do tesouro de Santiago; Xoán de Monreal, xuíz de Villestro; Xoán de Sigüenza, cóengo de Santiago de Compostela; Xoán Fernández de Albelda, cóengo de Santiago de Compostela; Xoán Fernández, racioneiro de Santiago de Compostela; Xoán García, cóengo de Santiago de Compostela; Xoán I, rei de Castela; Xoán Martínez, cardeal de Santiago de Compostela; Xoán Pérez, mestrescola de Santiago de Compostela; Xoán García Manrique, arcebispo de Santiago de Compostela

Outros

Castela, reino; Santiago de Compostela, cabido; Santiago de Compostela, concello; Santiago de Compostela, arcebispado