GMH/ÍNDICE A-Z

967
1419, maio, 5. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Fernán Yanes, clérigo do coro, e a dúas voces a casa do forno da cóenga nas cortiñas de San Román, por renda anual o primeiro beneficiario de 85 marabedís e as voces 100 marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 141 r.
       

Sabeam todos como nos o dean, persoas, coengos, benefiçiados et omes boos do cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo dentro en o coro da dita iglesia por campaa tangida, segundo que avemos de uso et de custume, avendo primeyramente noso acordo et deliberaçon, et veendo que he proveyto noso et de nosos suçesores, aforamos a vos Fernan Yanes das Cortinas, clerigo do dito coro da dita iglesia, et a duas persoas depus vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a tenpo de voso finamento, et a outra qual nomear aquela que por vos for nomeada, et non seendo nomeada que seia quen herdar vosos bees de dereyto ou a mallor parte delles, a nosa casa do forno da coenga, que esta en a çiudade de Lugo en as cortinas de San Romao junto con outra vosa casa que de nos teedes aforada; et ho noso moyno do juys, que esta en o rio da Chanca açerca da dita çiudade, segundo que senpre andaron con todas las cousas a eles et a qualquer delles perteesçentes; a qual dita casa et moyno esta sub signo da Capela de Santiago sita en a dita iglesia de Lugo; as quaes vos de nos agora tinades et tragiades a jur et a mao por renda que nos deles aviamos feyta, a a tal pleito et condiçon que vos, o dito Fernan Yanes, et persoas tenades a dita casa et moyno feytos, cubertos, reparados, et en boo paramento; et dedes et pagedes de foro et penson da dita casa et moyno en cada hun ano vos, o dito Fernan Yanes das Cortinas, en vosa vida oyteenta et çinquo maravedis longos, conben a saber seseenta maravedis a o moordomo de nos, o dito cabidoo, et viinte et çinquo a o que for moordomo et rendeyro dos anyversarios da dita iglesia de Lugo; et as outras persoas que suçederen en o dito foro que den et paguen çen maravedis longos en esta maneyra: seteenta maravedis a o que for noso mordomo, et triinta a o mordomo et rendeyro dos ditos anyversarios, et que se paguen os maravedis a o noso mordomo, os que a nos perteesçeren, a os quartos do ano, segundo se pagaren as nosas amystraçoes, en a moneda que se pagaren os outros foros et rendas da mesa de nos, o dito cabidoo; et os maravedis dos ditos anyversarios que se paguen por Natal desta meesma moneda. Et a finamento da pustrumeyra persoa que a dita cassa et moyno fiquen feytas et ben reparadas a a dita iglesia de Lugo, cuias son, con todos los boos paramentos que en elles foren feytos. Et outrosy que as ditas persoas et qualquer delas que asy suçederen en o dito foro seian teudas et obligadas de viir notificar et mostrar o dito foro a o dito cabidoo do dia que en el suçeder et del for feyta persoa ata triinta dias primeyros seguentes como he et fica persoa del sub pena de perder o dito foro.

Et eu, o dito Fernan Yanes das Cortinas, que presente estou por my et por las ditas persoas asy reçebo de vos, o dito dean et cabidoo, o dito foro da dita casa et moyno, et obligo min et meus bees et seus das ditas persoas de o comprirmos, pagarmos et atendermos en todo segundo et en a maneyra que dita he. Et nos, o dito cabidoo, asy vos lo outorgamos. Et porque esto seia çerto nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario iuso escripto que fesese desto duas cartas anbas feytas en hun tenor huna para nos, o dito cabidoo, et outra para vos, o dito Fernan das Cortinas, et persoas, et as signase de seu signo, et para mayor firmedue mandamos seelar a carta de vos, o dito Fernan das Cortinas, con o selo de nos o dito cabidoo.

Feyto et outorgado foy todo esto en o dito coro da dita iglesia de Lugo, çinquo dias do mes de mayo, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et des et nove anos (sic). Testemoyas que foron presentes et outorgaron o que dito he: don Juan Martines, dean; don Afonso Lopes, chantre; don Diego Alvares, arçidiago de Neyra; don Lopo Ferrnandes, arçidiago de Sarrea; don Rodrigo Afonso, juys; don Lopo Dias, mestrescola; Juan Yanes, Afonso Teyxeyro, Juan Lopes, Fernan Rodrigues, Roy Ferrnandes, raçoeyros; Juan Fernandes, Afonso Peres, Estevo Eanes, Gonçalvo Redondo et Fernando de Bardancos, clerigos do dito coro; Mestre Juan, porteyro; Rodrigo Yanes, signeyro, et outros.

Et eu Pedro Ferrnandes de Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et esta carta fis scripvir et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).
Pedro Ferrnandes, notario.