GMH/ÍNDICE A-Z

983
1421, xullo, 2 mércores. Lugo

O Cabido de Lugo arréndalle ó cóengo Ares Afonso media administración de setembro no couto de Lugo, por renda anual de 1.250 marabedís e outras obrigacións.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 141 v.
       

Sabam quantos esta carta virem como nos don Johan Martines, dean, et don Afonso Lopes, chantre, et don Diego Alvares, arçidiago de Neyra, Lopo Dias, mestrescola, don Rodrigo Afonso, juys, Pedro Ferrnands, thesoreyro, Pedro Lopes, Afonso Teyxeyro, Lopo Ferrnandes, Juan Lopes, Fernando Rodrigues, Fernan Peres, Vaasco Afonso, coengos; Fernando Fernandes, Fernando Rodrigues, Fernan das Cortinas, Afonso Rodrigues, Afonso de Galdo, raçoeyros, estando todos ajuntados en cabidoo en o coro da iglesia cathedral de Santa Maria de Lugo por campaa tangida, segundo que avemos de uso et de custume, entendendo que fasemos prol et boo paramento noso et da dita iglesia et de nosos suçesores arrendamos a Ares Afonso, bacheller, canonigo et noso companeyro, a meatade da amistraçon do mes de setenbre que suya teer Ruy Tato, bacheller, que he en o couto de Lugo, deste cabo a agoa do Mino et d’aquel, con todo o pan et dineyros et maravedis et procuraçoes et visitaçoes et outras quaesquer rendas et eclesiasticas dereyturas et cousas a ela perteeçentes; a qual renda vos fasemos a Deus et a toda vosa ventura por en todos los dias da vosa vida, a tal pleito et condiçon que se sobrela requeçer pleito ou contenda alguna que a sigades por vos meesmo a vosas espensas, et entredes por noso abtor et defensor se sobrelo formos demandados, ou nos for sobremovido pleito, et librarnos de toda custa et dapno, et parar vos a força ou roubo se bier; et avedesnos de dar por renda en cada ano por la dita amistraçon mill et dusentos et çinquoenta maravedis de moneda vella de longos, contando tres brancas et hun dineyro por moravedi, desta moneda que ora corre en longos, ou d’outra que se correr realmente et se usar de mercador a mercador en o Regno de Castella, que valla o verdadeyro valor, et pagarnos ben et en pas et en salvo a os quartos de cada hun dos ditos anos a o noso moordomo depoys de conta feyta ata nove dias, et non pagando vos os ditos maravedis, segundo dito he, que vos et voso fiador andedes et vos ponan en desconto, et non seiades contados en vosas prebendas et raçoes de vosas cooensias. Outrosi vos dapmos (sic)  poder que posades coller, aver et recabdar por vos, ou por outros, todas las rendas et cousas susoditas et cada huna delas perteeçentes a a dita amistraçon, et que posades escomungar et enterdiser et prendar et correger et enmendar et visytar os clerigos et persoas et iglesias da dita amistraçon et que posades faser titolos, abtos et colaçoes das iglesias da dita amistraçon, ou de parte delas, que son vagas ou vagaren d’aqui endeante en o dito tempo, a clerigo ou a clerigos ydonios et perteeçentes, et faser sobre \esto/ todo et sobre parte delo todo quanto nos meesmos fariamos et deviamos faser de dereyto.

Et eu o dito Ares Afonso, bachiller et coengo susodito, que presente estou asi reçebo de vos, as ditas persoas et coengos et omes boos do dito cabidoo, a dita renda da dita amistraçon que me asi arrendades por la maneyra et condiçoes susoditas, segundo que se senpre usou andar en renda, et obligo a min et a todos meus bees, eclesiasticos et seglares, avidos et por aver, para pagar cada hun ano a dita contia dos ditos mill et dusentos et çinquoenta maravedis de longos en a maneyra de suso declarada a o dito moordomo do dito cabidoo, et de vos relevar a todo tenpo et de toda custa et dapno ou perda alguna se a vos ou a o dito cabidoo por rason deste arrendamento requeçer, et demays para esto seer mays çerto dou comigo por fiador et devedor et prinçipal pagador da dita renda a o dito don Johan Martines, dean, que esta presente a a dita fiadoria et se outorga por tal fiador, et obligo a min et a meus bees de o relevar a todo tempo a pas et a salvo da dita fiadoria. Et nos as ditas persoas et coengos et omes boos \sobreditos/ asi vos outorgamos et arrendamos a dita amistraçon con as ditas dereyturas a ela perteeçentes et por las maneyras et condiçoes sobreditas, et reçebemos de vos, o dito Ares Afonso, o dito fiador. Et porque todo esto seia çerto nos as ditas partes outorgamos et mandamos delo faser a o notario sub escripto dous estromentos de arrendamento os mays çertos que se podesen faser et notar de dereyto anbos en hun thenor.

Que foy feyto en a çiudade de Lugo, quarta feyra, dous dias do mes de julio, ano do naçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et hun anos.

Testemoyas que foron presentes os sobreditos persoas et coengos et Mestre Juan, porteyro do dito cabidoo; Afonso Peres Pallin, Fernan Peres de Bardancos, et Diego Afonso, capelaes do coro da dita iglesia, et outros.

Et eu Johan Diaz de Cordido, coengo de Lugo por la auctoridade apostolica publico notario, a o dito arrendamento et a todo o al de susodito con las testemoyas presente foy, et este instrumento por mandado do dito cabidoo por outro en mina presença fis escrivir, et aqui subscrivi et puge meu signal acustumado requerido et rogado en testemoyo de verdade. Et non enpeesca o verbo esto, et a a juso os verbos sobreditos escriptos entre regloes que asi ha diser que aprovo sub esta mina subscripçon (signo).

Materias

capelán; administración; arcediago; arrendamento; bacharel; brancas; campá; catedral; chantre; cóengo; cóengo; conta; coro; couto; crego; deán; desconto; diñeiros; fianza; fisco; freguesía; gran; Libro do Cabido; linde; marabedí; mercador; mesa capitular; mestrescola; mordomo; notario apostólico; padroádego; pan; poder; porteiro; prebenda; preito; presentación; procuración; racioneiro; rendeiro; río; tesoureiro; tributos; violencia; xuíz; xurisdición; cabido

Persoas

Afonso de Galdo, racioneiro de Lugo; Afonso López, chantre de Lugo; Afonso Pérez Pallín, capelán do coro de Lugo; Afonso Rodríguez, racioneiro de Lugo; Afonso Teixeiro, cóengo de Lugo; Ares Afonso, cóengo de Lugo; Diego Afonso, capelán do coro de Lugo; Diego Álvarez, arcediago de Neira; Fernando Eáns das Cortiñas, racioneiro de Lugo; Fernando Fernández, racioneiro de Lugo; Fernando Pérez de Bardancos, capelán do coro de Lugo; Fernando Pérez, cóengo de Lugo; Fernando Rodríguez, cóengo de Lugo; Fernando Rodríguez, racioneiro de Lugo; Lopo Díaz de Freixo, mestrescola de Lugo; Lopo Fernández, cóengo de Lugo; Mestre Xoán, porteiro do cabido de Lugo; Pedro Fernández de Tendilla, tesoureiro de Lugo; Pedro López, cóengo de Lugo; Roi Afonso, xuíz de Lugo; Roi Tato, cóengo de Lugo; Vasco Afonso, cóengo de Lugo; Xoán Díaz de Cordido de Cordido, cóengo de Lugo e notario apostólico; Xoán Díaz de Cordido, cóengo de Lugo; Xoán López, cóengo de Lugo; Xoán Martínez, deán de Lugo

Outros

Lugo, cabido

Lugares

Cordido; Cortiñas; Galdo, Santa María; Lugo; Miño, río; Neira, antiga xurisdición e arcediagado