211 
    
 
    abril, 22 
    
 
    O rexedor Álvaro Afonso pídelle ao xastre Rodrigo Fernández que labre e non deixe perder a viña que ten aforada de Álvaro de Aguiar. (fol. 67)     
    
 
    	Alvaro Afonso rejedor. 
    
 
    A XX II dias de abril Alvaro Afonso rejedor tomou test. contra Rodrigo Fernandes alfayate, que por quanto tiña huna viña de Alvaro d’Agiar aforada, que esta en Santa Oufemea e a non cabara e se perdia, que lle requeria que a cabase, senon que protestava etç. Et o dito Rodrigo Fernandes diso que o desen con sua resposta. Tests. Afonso Codeiro, Joan da Ynsooa. (fol. 67)