374 
    
 
    agosto, 26 
    
 
    Afonso de Abral require a Goterre González para que reciba o que lle debe polo foro da casa, pero este pretende interpoñer demanda. (fol. 112-112v)     
    
 
    	Afonso d’Abral. 
    
 
    En este dia e por estas tests. Afonso d’Abral requerio e tomou testemunyo contra \o dito/ Goterre Gonçalves, escudeiro de Fernando Anriques, que tomase quaes quer mrs. que lle eran devidos do foro da casa que esta en esta çidade ao Postigoo de San Françisco, e que era prestes delos pagar, senon que protestava de seu dereito non peresçese, et o dito Goterre Gonçalves diso que entendia de o demandar sobre (fol. 112) 
    elo, por quanto entendía de lle poer sobre elo demanda. Tests. os sobre ditos.