GMH/ÍNDICE A-Z

300
1350, marzo, 9
foro

O cabido afóralles a unha voz a Gonzalo Iáñez. tendeiro, e á súa muller, Aldonza Iáñez, dúas viñas, unha no Vao e a outra na Ponte Pedriña, por terza e 10 libras.

ACOu, Escrituras V, 4

Sabeam quantos esta carta viren que eu Pero Suarez deam da igleia d’Ourense e o cabidoo desse lugar seendo juntados por canpaa tanjuda enna costra nova de San Martiño hu he duso e de costume de nos juntar a fazer cabidoo, nos os ditos dean e cabidoo damos a foro a vos Gonçalvo Anes tendeiro morador en Ourense na rua dos Çapateiros e a vosa moller Aldonça Anes que non he presente en vossa vida danbos e a huna voz qual nomear o postrimeiro de vos anbos en sua vida ou a tenpo de seu finamento, et se a non nomear que seia voz o que herdar os outros seus beens de dereito, duas leyras de vinas que nos os ditos dean e cabidoo avemos, das quaes a huna iaz no Vao et a outra iaz a su a ponte Pedrynha que esta sobrelo rio da Barvaña, et iaz a dita leira de viña a par do dito rio da Barvaña. As quaes duas leiras de viñas de nos tevo Pero Anes da Silvaa clerigo do coro da igleia d’Ourense que foy, et as quaes duas leiras de viñas a do Vao iaz a par duna leira de vina de Fernan Moreda et a da ponte Pedriña iaz a su outra viña de Costança Gomes filla de Gomez Peres de Poutaens que foy. Damos vos a foro as ditas duas leiras de viñas a vos e aa dita vossa moller e aa dita voz por tal condiçon que as deitedes e entrechantedes e lavredes e paredes bem de guisa que non defalescan por mingoa de lavor e de boon paramento e façades e pagedes da dita leira de viña do Vao foro de terça ao señorio e dizemo a deus, et da leira que iaz a su a ponte dizemo a deus, e livres e quites de todo outro enbargo. Et que vos et a dita vossa moller e a dita voz que dedes a nos o dito cabidoo cada anno en salvo non enbargante grando nen geada nen outro caso fortuyto nihuun dez libras de brancos da moeda de nosso señor el rey don Afonso de que contan qoreenta par de diñeiros por tres libras e pagardelos cada anno por dia de San Johan Batista do mes de juyo. Et he posto que se questom recreçer entre nos o dito cabidoo e vos o dito Gonçalvo Anes e vossa moller e a dita voz sobre rason das ditas viñas que se termii per dous omes boons do dito cabidoo tomados a prazer das partes toda apelaçon remota. Aynda he posto que se vos ou a dita vossa moller ou a dita voz quiserdes vender ou deytar ou sopiñorar as ditas duas leiras de viñas que primeiramente vendades ou deitedes ou supiñoredes a nos o dito cabidoo polo justo preço e ho frontedes con elas e nolas dedes polo justo preço ante ca a outre, et se as o dito cabidoo non quiser, enton vendede ou deytade ou supinorade, non a cavaleiro nen a escudeiro nen a moordomo alleo nen a ome poderoso, mays a atal pessona que seia semellavel de vos et que faça e page a nos o dito cabidoo as ditas dez libras cada anno en paz e en salvo commo dito he. Et nos os ditos deam e cabidoo obligamos os beens da nossa mesa para anparar vos o dito Gonçalvo Anes e a dita vossa moller e a dita voz con as ditas duas leiras de vinas a dereito. Et eu o dito Gonçalvo Anes que soon presente por min et pola dita miña moller que non he presente e pola dita voz assy reçebo as ditas duas leiras de vinas aforadas de vos o dito deam e cabidoo et prometo e outorgo de as lavrar e parar ben e pagar o dito foro das ditas dez libras cada anno ao dito termio e conprir e aguardar todalas cousas e condiçoens e cada huna delas que en esta carta son contiudas, et para o assy conprir obligo todos meus beens gaanados e por gaañar. Et desto nos os ditos deam e cabidoo e eu o dito Gonçalvo Anes rogamos a Pero Lourenço notario pubrico d’Ourense que fezesse ende duas cartas partidas per a b c anbas en hun tenor. Feita a carta en Ourense enno dito cabidoo, nove dias de março, era de mill e ccclxxxviiiº annos. Tests. que presentes foron Gonçalvo Codeiro notario d’Ourense, Johan Garçia porteiro do dito cabidoo e Garçia e Lopo Afonso omes de donna Johana moller de Roy Paez que foy.

Et eu Pero Lourenço notario pubrico do rey pola igleia desse lugar que a esto presente foy e desto que sobre dito he a rogo das ditas partes en miña presença fiz escrivyr duas cartas partidas por a. b. c anbas en huun tenor e en cada huna delas meu |meu| nomme e signal puge que tal he.

(sinal)