GMH/ÍNDICE A-Z

418
1381, xullo, 13
foro

Domingo Iáñez, reitor de Santiago de Gustei, con licenza do arcediago de Búbal, afóralles a perpetuidade a Pedro Iáñez, reitor de Ribela, e a Martín Rodríguez de Paradela, escudeiro, a cada un na súa metade, un soar para que fagan casa ou celeiro, por 20 soldos.

ACOu, Escrituras VI, 5

Sebean quantos esta carta viren que eu Domingo Yanes clerigo reytor da igleia de Santiago de Gostey, per liçençia e outoridade de don Afonso Yanes arçidiago de Bubal na igleia d’Ourense que he presente, dou e outorgo a foro a vos Pero Anes clerigo reytor da igleia de San Jullaao de Ribela na huna meatade et a vos Martin Rodriges de Paradela escudeiro na outra meatade et a todas vossas vozes para senpre huun soar para fazer casa que he da dita miña igleia, que está junto con ela entre hun çeleiro que fezo o arçidiago don Pero Gonçalvez et outro çeleiro que fezo Afonso Fernandes lavrador friiges da dita igleia. Aforo vos o dito soar sigundo dito he con suas entradas e seydas sub tal condiçon que façades en el çeleiro ou casa des lo canto do çeleiro que fezo o dito arçidiago don Pero Gonçalvez ata o outro canto do çeleiro do dito Afonso Fernandes et que façades tendal ao dito çeleiro para lle conprir. Et que se perla ventura eu ou o reitor que porlo tenpo for da igleia quisermos chantar viña ou outra cousa na herdade que y está, que vos e vossas voses que aiades a entrada e seyda para o dito çeleiro para as cubas e para o al que vos conprir por apar duun dos outros çeleiros, et que vos os sobre ditos e vosas vozes que dedes e paguedes a min ou ao reitor que porlo tenpo for da dita igleia viinte soldos de diñeiros brancos desta moeda que agora corre de cada anno por dia de San Martiño do mes de novenbro. Et do al que o aiades livre e quite de todo outro enbargo e çensso e tributo alguun, et he posto que non paguedes este foro en este primeiro anno et dende adeante, quer façades o dito çeleiro ou non, que pagedes o dito foro de cada anno. Et obligo todos los beens da dita miña igleia para vos anparar e defender senpre a dereito con este aforamento que vos faço. Et nos os ditos Pero Anes et Martin Rodriguez que somos presentes por nos e por todas nossas vozes assi o outorgamos e reçebemos en nos o dito soar aforado de vos o dito Domingo Yanes porla maneira e condiçoens que ditas son. Et obligamos todos nosos beens eclesiasticos e seglares avidos e por aver cada huun na meatade para fazer o dito çeleiro et para dar e pagar a vos o dito Domingo Anes e aos reitores que porlo tenpo foren da dita igleia os ditos viinte soldos cada anno por 1o dito dia e para conprir e agardar as condiçoens desta carta e cada huna delas. Et eu o dito arçidiago que soo presente por quanto o dito Domingo Anes me fezo juramento que este aforamento era prol e boon paramento da dita igleia. Por ende doulle miña outoridade e liçençia que o faça e possa fazer enna maneira que o faz. Et ontre poño a el meu degredo e mando que valla e aia firmedume para senpre. Et he posto que a parte que esto que dito he quiser contradizer que peite aa outra parte que o conprir e agardar quiser por nome de pena çen mrs. da boa moeda. Et a dita pena pagada ou non esta carta e aforamento fique firme e valla para senpre. Feita a carta en Ourense, treze dias de jullio, era de mill et quatroçentos e dez et nove annos. Testimunyas que a esto presentes foron Johan Esteveez, Lourençe Anes, Estevan Yanes omes do dito arçidiago, Gomez Peres criado do dito Pero Anes e outros.

Et eu Gonçalvo Oureiro notario publico da çidade d’Ourense por la igleia desse lugar que a esto presente foi e en miña presença o fis escripvyr et meu signal aqui puge en testimunyo de verdade que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta (...)