GMH/ÍNDICE A-Z

309
1351, marzo, 8 (Velle)
avinza

Costanza González, por si e pola súa irmá Inés, ratifica un concerto feito polo seu marido, Afonso Iáñez, con Lopo Rodríguez de Sabadelle, sobre dez libras de diñeiros que este lle reclamaba ante Martín de Deus, xuíz de Aguiar.

ACOu, Escrituras X, 44

Sabeam quantos esta carta virem que eu Costança Gonçalvez moradeira eno couto de Velle que he en terra d’Aguiar, filla de Costança Garçia de Sayoane das Lamas que foy, com outorgamento de Affonso Eanes meu marido que he presente e outorgante, por min et por Eynes Gonçalvez miña yrmaa ratiffico e outorgo e aio por firme e por estavil a todo tenpo todo quanto o dito Affonso Eanes meu marydo disso et fezo por min et porla dita Eynes Gonçalvez eno preito que Lopo Rodriguez escudeiro d’Aguiar avya com Fernan Perez de Parada, fillo de Johan Perez que foy dese lugar, sobre razon das dez libras de dineiros brancos que lle el demandava en juyzo por ante Martin de Deus juyz d’Aguiar, que o dito Lopo Rodriguez dezia que os avya daver de dereito pola herdade d’Aluylma, por razon que as conprara a Johan Fernandez e Ares Gomez meus primos e sublyños da dita Costança Garçia et fillos de Tereyia Rodriguez sua yrmaa que foy da dita Costança Garçia miña madre, no qual preito se o dito Fernan Perez chamou a min e aa dita miña yrmaa Eynes Gonçalvez e Elvyra Gonçalvez por outores para deffendermos do dito Lopo Rodriguez as ditas libras segundo que se todo esto mays conpridamente conten no proçeso do preito que entre os sobre ditos he feyto e trautado sobre esta razon por ante o dito juyz. Et esta ratifficaçon faço e outorgo por min e por a dita miña yrmaa por que sey e soon çerta que as ditas dez libras non eran da dita nosa madre nen nosas nenos perteençen de dereito, et por que sey e soo çerta que era a meatade delas dos ditos Johan Fernandez e Ares Gomez que as venderon ao dito Lopo Rodriguez e de Aldara Gomez sua yrmaa, et aa outra meatade delas he de Fernan Ares e de Tereyia Rodriguez meus sublyños fillos de Rodrigo Ares meu tiio que foy. Et prometo e outorgo aa boa fe que nunca en nihun tenpo eu por min nen por la dita miña yrmaa demande as ditas dez libras nen parte delas ao dito Fernan Perez nen a outre nihun quanto he por razon da herença que me perveo da dita miña madre nen peça que mas dé nen poña sobre elas enbargo en juyzo nen fora de juyzo ao dito Lopo Rodriguez nem a sua voz. Et se o fezer commo quer ou en qual quer maneira outorgo que me non valla nen seia a elo oydo nem reçebudo en juyzo nen fora de juyzo. Et demays outorgo que lle peyte por ende de pe[n]a duzentos moravedis de brancos. Et a pena pagada ou non que esta carta valla e seia firme para senpre. Feyta a carta eno couto de Velle que he en terra d’Aguiar, oyto dias de março, era de mill e trezentos e oyteenta et nove annos. Testemuyas que presentes foron Johan Sabadelle monies do moesteiro de Santa Maria de Junqueyra d’Espadanedo, Pero Lourenço, Domingo Pato, Johan Perez, Johan Parañoo moradores en Velle.

Et eu o sobre dito Affonso Eanes notario publico en terra d’Aguiar por la igleia de Santiago que a esto presente foy et por mandado da dita Costança Gonçalvez e a pidimento do dito Lopo Rodriguez o escripvy e meu nome e sinal y puge en testemuyo de verdade que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta d’Aluillma de Lopo Rodrigues de Sabadelle.

Carta \do lugar/ d’Aluillma de çinqo libras.