GMH/ÍNDICE A-Z

D31
1459, marzo, 12
Gonzalo Rodríguez demanda a Inés Iáñez e o seu sobriño Xoán Criado o pago da dote debida pola súa voda con Maior Martís, así mesmo sobriña da dita demandada. (fol. 10-10v)
Enna çidade d’Ourense, dose dias do mes de março do dito anno de LIX annos, enna Praça do Canpo, audiençia das vesperas, ante Gomes de Mugares juis da dita çidade, en presença de min o notario et tests. de juso escriptos paresçeron ante el
en juiso da huna parte Gonçalvo Rodrigues fillo de Roy Fernandes et da outra parte Eynes Yanes moller que foy de Afonso Vello, vesiña da dita çidade, et logo o dito Gonçalvo Rodrigues presentou ante o dito juis huna carta de dote et casamento (por la qual)* sinada do sino de min o dito notario, porla qual paresçía que a dita Eynes Yanes et seu sobriño Joan Criado deran en casamento a sua sobriña Moor Martys con o dito Gonçalvo Rodrigues mill mrs. vellos, dous moyos de çenteo et dous armentyos, et que pedia aos ditos juis que por sua sentença defenetiva lle mandase pagar todo o contiudo enna obrigaçon con as costas. Et a dita Eynes Yanes diso que pedía traslado et praseo a que disese de seu dereito. Et o dito Gonçalvo Rodrigues diso que o non devia de aver por quanto era dote de casamento. Et o dito Eynes Yanes diso que lle desen praseo con bem el amostrase paga ou quita ou rason dereyta que a relevase do dito contrauto. Et logo o dito juis diso que por quanto enno dito contrauto non se contina anbos de man comuun, por ende diso que mandava (fol. 10)
et mandou por sua sentença defenetiva (...) Yanes que doje ata domingo de pasc(oa ...) que ven dese et pagase ao (...) Rodrigues ameatade dos ditos quinentos (...) ameatade dos ditos dous moyos de (...) et ameatade dos ditos dous boys ou den(...) dito termino mostrase paga ou quita (... ra)son dereyta que o relevase de non pagar os ditos mrs. e çenteo e almentyos, et as partes consentiron. Tests. que foron presentes Joan Paas notario et Lopo de Mugares et meestre Antonio et Meen Vasques escudeiro. Et que a salvo quedase ao dito Gonçalvo Rodrigues de se tornar por la outra ameatade ao dito (- - -)