Sabeam quantos esta carta virem
que eu Estevoon Peres dito Bravo morador
en Seyxalvo heree e conpridor de meu yrmao Martin
Peres que foy desse lugar para conprir o
seu testamento e para pagar as devedas que devya
e mandas que el mandou, por min e por toda mia voz
vendo e entrego por esta carta a vos Domingo Paez
e a vossa moller Maria Alvela moradores en Ourense na rua da
Pixotaria e a toda vossa voz para senpre quatro
leyras de vinas que foron do sobredito Martin
Peres meu yrmao, as quaes iazem en termio de
Noalla no lugar que chaman Bouça de Rotura, huna
delas ontre la vina que ten Lourenço
Eanes sobrino de meestre Johan de Sorveyra da huna
parte e a vina de Pero Eanes alffayate de
Ourense da outra et entesta en çima na vina de Fernan
Peres moordomo que foy do cabidoo, et fer en fondo no
carreyro. Et a outra leyra iaz ontre la vina de Martin
Paez e a vina de Johan Dominguez da Carreyra da
huna parte e da outra, et entesta en çima na
vina do dito Pero Anes alffayate, et fer en
fondo na dita leyra de Martin Paez. Et as outras
duas leyas iazem ontre las viñas de Martin Paez
da Ayra do Bispo da huna parte e a viña do dito
Fernan Peres da outra, et entesta en çima na
carreyra por que van para Bouça de
Rotura, et en fondo feren na viña da ygleia de Noalla.
Vendo vos as leyras sobreditas con entradas e
seydas e con todos seus dereitos e perteenças
que vos e toda vossa voz aiades e pessuyades elas daqui
endeante en jur derdade para senpre e façades
delas livremente toda vossa voontade, de foro de
terça aa capela de Santa Maria a Madre e a quarta
de hun capon cada dia de San Martiño e livres e
quites de todo outro enbargo. Ca outorgo que
reçebi de vos conpridamente todo o preço que
a min e a vos por elo aprouvo, conven a saber
seteenta e çinqo libras da moeda portuguesa
que ora corre de que contan xl pares de
diñeiros novos por tres libras. Et se esta vindiçon
agora mays val ou valuer daqui endeante en
alguun tenpo essa mooría dou e outorgo a vos en
doaçon por moyto amor e ajuda que me senpre
fezestes que val mays ca a mooría pode seer. Et logo todo
jur, voz, señorío, possissom, propriedade e dereito
que eu ey e me perteençe nas leyras
sobreditas todo o tollo de min e de miña
voz e por esta carta meto e poño vos e toda vossa voz en
corporal possissom delas para senpre. Et outorgo
a anparar vos e toda vossa voz senpre a dereito con
esta vindiçon por min e por todos meus
beens gaañados e por gaañar. Et quen quer que
contra esta vindiçon veer aia a yra de deus e a
miña maldiçom e quanto demandar peyteo a vos e
a vossa voz dobrado e aa voz del rey peyte por pena çem mor.
da boa moeda e esta carta fique firme para
senpre. Feyta a carta en Ourense dez e oyto dias de
mayo, era de mill e trezentos e çinqoeenta e çinqo
annos. Testimunyas que presentes
forom Johan Dominguez natural de Bean en
terra de Montaos, Lourenço Anes andador
de Ourense morador na rua Escura, Martin Dominguez
dito da Silva pedreyro da cruz dos Ferreyros, Pero
Martinez dito Frade do Soveral do couto de Gostey.
Et eu Affonso Anes
notario jurado en Ourense pola ygleia desse
lugar que a esto presente foy e en myña
presença o fige escrivir e meu sinal y puge
en testimunyo de verdade.
(sinal)
[reverso] Carta de Domingo Paes
e de Maria Alvela.