GMH/ÍNDICE A-Z

220
1326, xuño, 16
María Domínguez e Martiño Méndez véndenlles a Xoán Martíns e á súa muller unha porción de leira en San Lourenzo de Albeiros por 50 soldos.
MADRID, AHN, Carp. 1332 C/14, perg. orix., galego, gótica cursiva, 220x93 mm.

Sabeam quantos esta carta viren commo eu Maria Domingues, muller de Miguell Fernandes d’Alveyros, et eu Martin Meendes, correeyro, nos anbos de vom curaçon et de boa voontade vendemos a vos, Iohan Martines correeyro, et a vossa muller Mayor Peres, et a vossa voç, as duas partes et a setima d’una leyra de herdade que ias sobre-lla fonte d’Espyneyro, et fere de testa no agro de Martin Toraa, et da outra testa fere en outra leyra de min Maria Domingues, con suas pertenenças et dereyturas, su signo de sam Lourenço d’Alveyros, et reçebemos de vos en preço por esta vençom sobredita çinquaenta soldos desta moneda del rey don Fernando, a quatro dineiros por cada tres soldos, de que soomos bem pagados et entregos, et obligamos por nos et por todos nossos bees mobelles et reys de vos façer senpre esta vençom de pas, et des oie mays este dia avedea senpre en pas vos et toda vossa voç pus vos todo nosso poderio et senorio ende seia sacado et removido et metudo nos vossos.

Feyta a carta de vençon XVI dias de iuyo, era de mill et CCC LXIIIIº anos.

Testemoyas: Vidal Martines et Affonso Martines et Fernan Eanes, correeyros; et Fernan Eanes de Meyllay, correeyro ts.

Et eu Aras Peres, notario publico de Lugo, dado por lo bispo desse meesmo lugar, a esta vençom foy pressente et esta carta escrivi et puge y meu signal en testemoyo de verdade.(+).