GMH/ÍNDICE A-Z

27
1304, abril, 12

María Pérez e a súa filla véndenlles a Fernando Martíns e á súa muller a leira de Rebordelo por 360 soldos.

MADRID, AHN, Carp. 1332 A/4, perg. orix., galego, gótica cursiva, 135x143 mm.

Sabiam quantos esta carta viren commo eu Maria Perez de Villa Moure, muller que foy de Domingo Ferrnandez, et eu Maria Domingues, sua filla, presente et outorgante meu marido Domingo Perez, de boo curaçon et de boa vontade vendemos a vos Ferrnan Martines da rua de Vermun Sanches, et a vossa muler Maria Domingues, huna leyra que chaman de Revordello, que he duas oytavas semente a par d'outra vossa leyra; et se por mays ca estas duas oytavas sobreditas semente que se seia vossa et se for mynos que volla prefaçamos, sub signo de de (sic) San Pedro de Sonar; et reçebemos de vos en preço por esta vençon sobredita treçentos et LX soldos da moneda del rey don Fernando, de que somos bem pagadas et entregas, et que a nosso iur et a nosso poder passarun; et obligamos por nos et por todos nossos bees a façervos sempre esta vençon de paz, des oge mays avedea senpre en paz vos et a vossa voz o noso senorio removudo et o poder.


Feyta a carta da vençon XII dias do mes d'abril. Era de mill et CCC et XLII annos, tenpo del rey don Fernando, bispo de Lugo don Rodrigo, moordomo Miguel Perez.


Et nos as sobreditas vendedores roboramos et confirmamos.


Os que presentes foron: Fernan Perez Bechon, Domingo Eanes de rua Minaa, Aras Gonçalvez ,clerigo, Iohan Martines de Boosende, Iohan Solaz, ts., Fernan Martines de Carvalido, ts.


Et eu Aras Affonso, notario publico de Lugo, presente foy et notey et escrivi esta carta et puge y meu nome et meu signal.


SIGNO