GMH/ÍNDICE A-Z

73
1309, febreiro, 22
Pedro Eanes véndelles a Fernán Martíns e á súa muller tres leiros en San Pedro de Soñar e Santa Marta por 150 soldos.
 MADRID, AHN, Carp. 1332 B/1, perg. orix., galego, gótica cursiva, 150x85 mm.

Sabiam quantos esta carta viren commo eu Pedro Eanes de Fonte Boa, de boo curaçon et de boa vontade, vendo a vos Fernan Martines et a vossa muller Maria Dominguez, tres leyros que iasem na agra de Caal, dos quaes o hun ias a par do moyno de Caalde, et outro en lignar de Diego, et o outro fer en pycoe, da huna parte, et da outra parte fer na lamella, sub signo de San Pedro de Sonar et de Santa Marta. Et reçebo de vos en preço por esta vençon sobredita çento et Lª soldos da moneda del rey don Ferrnando de que soo ben pagado et entrego, et obligo min et todos meus bees a vos faser senpre esta vençon sobredita de paz, des oie mays avedea senpre en paç vos et a vossa voz pus vos o meu senorio removodo et o poder.

Feyta a carta da vençon VI dias por andar de febreyro, era de mill et CCC XLVII annos.

Testemoyas: Pedro Lourenço, mercador, Iohan Dominguez, mercador, Pay Rodriguez de Santiago, Arias Pellaes da rua Mynaa, testemoyas.

Et eu Arias Afonso, notario publico de Lugo, a esto presente foy et notey et esta carta en mia presença fiz escrivir a Affonso Arias, et puge y meu nome et meu signal en testemoyo de verdade.

SIGNO