GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

739
1375, febreiro, 1. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Afonso Pérez e á súa muller e a unha voz unha casa na Porta de San Pedro por renda anual de 20 marabedís e outras obrigas.
MADRID, AHN, Cód. 420 B, fol. 51r.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos, o cabidoo da iglesia de Lugo, estando iuntados en cabidoo por campaa tanguda enno coro da dita iglesia, segundo que avemos de custume, con outorgamento do dito Gonçalvo Eanes, chantre et vigario de don Iohan Afonso, dayan, et outrosi con outorgamento de don Pedro Afonso, arçidiago de Deça, rendeyro dos aniversarios, afforamos et avervamos a vos Afonso Peres, ferreiro da Porta de San Pedro, et a vossa muller, Aldara Ferrnandes, por toda vossa vida et a huna perssoa qual nomear o pustrimeiro de vos, huna cassa dos aniversarios que esta a a Porta de San Pedro entre la cassa de Pedro Martines, ferreiro, da huna parte, et da outra parte a cassa de San Bertolameu et do dito Pedro Martines, sub a capella de Santiago, a a tal condiçon que alçedes a dita cassa a duas augas vertes, a huna contra a rua et a outra contra a seyda et cortinna da dita cassa, et tiredes as [...]llas que iasen entre vos et Pedro Martines, et que mantenades en boo estado et en boo reparamento. Et vos et a dita pessoa que dedes, cada anno, de foro a o rendeiro dos aniversarios viinte moravedis, d’oyto soldos o moravedi, por dia de Natal en salvo; et avedes a alçar a dita cassa, segundo dito he, deste dia de Pascoa primeiro que ven a hun anno comprido, se non que pergades o foro et mays quinentos moravedis a a messa do cabidoo; et a finamento da pustrimeyra perssoa que a dita cassa fique livre et quita et dessenbargada a os ditos aniversarios, feyta con todos los boos paramentos que en ella foren feytos.

Et eu, o dito Affonso Peres, por min et por la dita minna muller et en nome da dita perssoa assi reçebo o foro et vervo da dita cassa de vos, o dito cabidoo, et obrigo a min et a todos meus bees et da dita minna muller para faser a dita cassa, segundo dito he, et para a manter en boo estado et para dar et pagar, cada anno, os ditos viinte moravedis do dito foro, segundo dito he.

Et nos, o dito cabidoo, asi vos outorgamos o dito foro et vervo da dita casa, et porque esto seia çerto rogamos a Iacome Guillelmes, notario publico de Lugo, que deytase en este noso livro do cabidoo esta carta signada con seu signal, et desse outra tal a vos, o dito Afonso Peres, a qual mandamos seellar con seello do cabidoo.

Feyta primeiro dia de febreiro, era de mill et quatroçentos et trese annos.

Foron presentes: don Gonçalvo Eanes, chantre, vigario sobredito; don Rodrigo Afonso, arçidiago de Deçon; don Pedro Arias, arçidiago de Triacastella; don Ruy Gonçalves, mestrescolla; don Alvar Dias, iuys; don Diego Gomes, thesoreyro; et Tomas Gonçalves, Arias Peres, Arias Ferrnandes, Afonso Ferrnandes, coengos; Afonso Eanes, raçoeyro, Iacome Peres et Lopo Peres, porteyro, et outros.

Et eu Iacome Guillelmes, notario publico de Lugo por lo sennor obispo desse lugar, a esto foi presente et a rogo das ditas partes esta carta escrivi et puge a meu signal en testemoyo de verdade.