GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

405
1379, xaneiro, 9
foro

Estevo Pérez Bufón subafóralle a perpetuidade a Pedro Iáñez, dito Figueiro, labrador, e á súa muller, Tareixa García, unha viña no termo de Pousada por 4 libras e o foro ao bispo.

ACOu, Diversarum Rerum I, 107

Sabean quantos esta carta viren que eu Estevoon Peres bofom morador em Ourense na rua de Çima, dou et outorgo a foro a vos Pero Anes dito Figeyro lavrador morador em Ourense e a vosa moller Tereyga Garçia et a todoa vossa vos para por senpre huna leyra de viña que eu ey e me perteençe em termio de Pousada, que demarca con viña que ora pessuy Lourenço do Canto de huun cabo et do outro con ho erdamento que fuy viña que foy de Gonçalvo Peres Colea et en çyma entesta no camiño vello que vay para Pynor et em fondo fere na riba da viña de Dominga Martines. Douvos a foro a dita leyra de viña con entradas e seydas e con todos seus dereitos e perteenças sub tal condiçom que a lavredes e paredes bem em maneira que non defalesca por mingoa de lavor e de boon paramento et façades dela ao bispo d’Ourense seu foro e dereito que se dela ha de faser et dedes ende a min e a miña voz em cada huun anno em salvo por la festa de Sam Martiño do mes de novenbro quatro libras de dineiros brancos contados viinte soldos por libra ou a estimaçon delles se outra moeda correr et disemo a deus e livre e quito de todo outro encarrego e enbargo e çenso e tributo alguun. Et se quiserdes vender, deytar, obligar ou supyñorar a dita leyra de viña que primeiramente frontedes a min ou a miña vos que a ajamos por lo justo preço que vos outro por ela der, et nonna querendo por esse meesmo preço enton a vendede, deytade ou supynorade a atal pesona que seia semellavil de vos que faça e conpra e agoarde todas las condiçoens desta carta e cada huna delas. Et obligo todos meus beens gaañados e por gaañar para vos anparar e defender senpre a dereito con a dita leyra de viña que vos afforo commo dito he. Et eu o dito Pero Figueiro obligo todos meus beens gaañados e por gaañar para lavrar e parar bem a dita leyra de viña e pagar e fazer e conprir e agoardar todas las cousas que ditas som. Posto foy e outorgado entre las ditas partes que qual quer dellas que contra esto passar e o non conprir nen agardar que peyte aa outra parte que o conprir e agoardar quiser por nome de penna çen mor. et a vos del rey outros tantos, et a dita penna pagada ou non que esta carta e todo o contyudo em ella fique fyrme e valla para senpre. Feyta a carta em Ourense, nove dias do mes de janeiro, era de mill e quatroçentos e dez et sete annos. Testemunyas que a esto presentes foron Afonso Fernandes coengo d’Ourense e Pero Garçia escudeiro et Gomes Anes de Laça clerigo e outros.

Et eu Martin Gonçalvez publico notario d’Ourense por lo bispo e por la egleia desse lugar que a esto presente foy e en miña presença o fiz escripvyr e meu nomme e meu signal aqui fiz en testimoyo de verdade que he tal.

(sinal)