GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

482
1395, abril, 1
foro

Os clérigos do coro afóranlles a seis voces a Francisco Iáñez, notario, e á súa muller, Tareixa Iáñez, unha casa na rúa das Chousas por 3 libras.

ACOu, Clérigos do Coro, 36

Sabean quantos esta carta viren commo eu Martin Anes clerigo do coro da igleia d’Ourense procurador da universsidade dos clerigos do coro da dita igleia, presentes y Fernan Afonso e Fernan Rodrigues capelaans de Santa Oufemea e Vasco Çide dobreiro e Afonso Fernandes capelan de Santa Maria a Madre e Fernan Eanes e Johan do Souto e Johan da Agoada e Johan Fernandes e Pero Fernandes sancristan da igleia da Trydade, Afonso Peres, Rodrigo Eanes do Pe, Johan Martines, Lourenço Fernandes, Pero Eanes, Johan Peres. Nos os sobre ditos por nos e en nomme dos clerigos da dita universidade que non son presentes, damos e outorgamos a foro a Françisco Yanes notario d’Ourense que he ausente asy commo se fose presente e a sua moller Tereixa Anes que está presente con seu outorgamento dela en vossa vida danbos e a seys voses apus o postrimeiro de vos huna pus outra suçisive, huna casa con seu yxido et figueiras que en el estan que a dita universidade ha e lle perteençe, a qual está en Ourense enna rua das Chousas, a qual parte da huna das partes con casas en que ora mora Gonçalvo Gomes e sua moller Maria Rodrigues e da outra parte con huun pardieiro que foy casa que he de Mençia Anes moller que foy de Afonso Ares e ten as portas enna dita rua publica et o dito yxido vay topar enna orta que agora ten o dito Vasco Çide dobreiro e en outro yxido das casas de Gonçalvo Ledo, a qual dita casa e yxido vos a dita Tereixa Anes tiinades aforada de nos a dita universsidade con Pero Chaçin vosso marido que foy por tres libras en cada huun anno. Aforamos vos a dita casa e yxido segundo dito he e segundo que a vos agora mays conpridamente tragedes e pessoydes con todas suas entradas e saydas e dereitos e perteenças por u quer que as aja e deva aver de dereito por tal condiçon que apostedes et reparedes a dita casa de pedra e de madeira e de tella e do al que lle conprir et a moredes e povoedes por vos ou por outre en maneira que non falesca por mingoa de boon paramento e dedes e paguedes ende de foro en cada huun anno en salvo vos e as ditas voses de pus vos ao moordomo da dita universsydade por dia de San Martiño do mes de novenbro tres libras de diñeiros brancos contado viinte soldos por libra ou a estimaçon deles enna moeda que correr porlo tenpo. Et do al que ajades a dita casa et yxido livre e quite de todo outro enbargo e encarrego alguun. Et he posto que o moordomo da dita universidade non querendo vos pagar o dito foro ao dito dia que vos possa peñorar por el por sua outorydade sen penna alguna. Outrosy que vos nen vossas voses que non possades fazer manda nen aniverssario porla dita casa et yxido salvo aa dita universsidade. Et outrosy querendo vos vender, deytar ou supiñorar a dita casa e yxido que primeiramente frontedes con ela ao procurador dos clerigos da dita universsidade e lla dedes por lo justo preço que outro por ela der ante ca a outro alguun. Et obrigamos os beens da dita universidade para vos anparar e deffender senpre a dereito con a dita casa e yxido que vos asy aforamos segundo dito he. Et eu a dita Tereixa Anes que soon presente por min e porlo dito Françisco Yanes meu marido que non he presente asy o outorgo e reçebo para min e para el a dita casa e yxido a foro de vos os ditos clerigos e universsydade sobre dita por lo dito tenpo e voses de pus nos por la maneira e condiçoens que ditas son e para pagar o dito foro en cada huun anno et conprir et agardar as condiçoens desta carta e cada huna delas segundo dito he obrigo todos meus bees mobles e rayses avidos e por aver et he posto ontre nos as ditas partes que a parte de nos que contra esto for ou passar e ho non conprir e agoardar que peyte aa outra parte agardante por nomme de penna et interesse çen mor. de diñeiros brancos desta moeda usual et a dita penna pagada ou non esta carta e aforamento fique firme e valla porlo dito tenpo e voses. Feita a carta en Ourense, primeiro dia do mes dabril, anno do nasçemento do nosso señor Jhesu Cristo de mill e tresentos e noveenta e çinqo annos. Tests. que foron presentes Johan Fernandes capelan da Triydade e Pero Eanes de Piñor e Garçia Gonçalves clerigos do coro e Rodrigo Clerigo criado de Gonçalvo Oureiro notario d’Ourense e outros.

Et despois desto en este dito dia estando o dito Martin Anes procurador da universydade sobre dita enna dita çidade d’Ourense enna rua da Praça en presença de min o notario de juso escripto paresçeu y o dito Françisco Yanes notario et disso porante o dito procurador que el avendo por firme o dito aforamento a el feyto et aa dita sua moller Tereixa Anes da dita casa e yxido, disso que o outorgava e outorgou logo segundo e enna maneira que era feyto e outorgado segundo mays conpridamente se contiña en esta dita carta daforamento e obrigou todos seus beens gaañados e por gaañar de pagar o dito foro en cada huun anno e conprir et agardar todas las cousas e condiçoens que en esta carta son contiudas e decraradas e cada huna delas.

Et yo Gomes Peres de Penavigia escrivano de nuestro señor el rey e su notario publico enla su corte e en todos los sus regnos e notario publico de Orense por el obispo e por la eglesia dese lugar a esto que dicho es presente fue con los dichos testigos e en mi presençia lo fis escrivir e enesta carta que dello di al dicho Martin Anes procurador dela dicha universidade mi nonbre e mi signo fis que es tal en testimonio de verdad.

(sinal)

[reverso] Carta da casa da rua das Chousas que ten

Afonso Caldelas.



Materias

árbore; bispo; branca; cabido; canon foral; capelán; casas; chousa; confirmación; confraría; construción; coro; criado; diñeiros; dobreiro; esposa; esposo; familia; festa; froiteira; horta; libra; linde; madeira; marabedí; medidas; mordomo; mosteiro; muller; notario; obrigación; pedra; pena; porta; procurador; rei; rúa; sancristán; soar; soldo; tella; viúva; crego

Persoas

Afonso Ares; Afonso Caldelas; Afonso Eáns, crego do coro de Ourense; Afonso Fernández, capelán; Fernando Afonso, capelán; Fernando Eáns, crego do coro de Ourense; Fernando Rodríguez, capelán; Francisco Eáns, notario; García González, crego do coro de Ourense; Gómez Pérez de Penavixía, notario; Gonzalo Gómez; Gonzalo Ledo; Gonzalo Oureiro, notario; Lourenzo Fernández, crego do coro de Ourense; María Rodríguez; Mencía Eáns, viúva; Pedro Chacín; Pedro Eáns de Piñor, crego do coro de Ourense; Pedro Eáns, crego do coro de Ourense; Pedro Fernández, sancristán; Roi Clérigo, criado; Roi Eáns do Pé, crego do coro de Ourense; Tareixa Eáns; Vasco Cid, dobreiro de Ourense; Xoán da Aguada, crego do coro de Ourense; Xoán do Souto, crego do coro de Ourense; Xoán Fernández, capelán; Xoán Fernández, crego do coro de Ourense; Xoán Martínez, crego do coro de Ourense; Xoán Pérez, crego do coro de Ourense; Martiño Eáns, crego do coro de Ourense

Outros

Ourense, bispado; Santísima Trindade de Ourense, abadía; Ourense, cabido

Lugares

Búbal. Antiga xurisdición.; Ourense; Piñor