GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

503
1399, maio, 9
foro

Álvaro Henrique reverte ao cabido unha casa en Cima de Vila por non poder cumprir as condicións do foro nin pagar a renda, e o cabido afórallela seguidamente a perpetuidade ao escudeiro Vasco Rodríguez de Espiño, xuíz da cidade, e á súa muller, María Pérez, por 12 libras.

ACOu, Escrituras XV, 16

Nove dias do mes de mayo do anno do nasçemento do noso señor Ihesu Cristo de mill et trezentos et noveenta et nove annos. Sabean todos commo en presença de min Afonso Yanes Giça notario e das testimuyas de juso escriptas, seendo o cabidoo da igleia d’Ourense juntados en cabidoo por canpaan tanjuda na costra nova de San Martiño segundo que o an de uso e de custume de cabidoo fazer, presentes y Ares Lourenço coengo d’Ourense et vigario nos contrautos do dito cabidoo por don Fernan Sanches Sarmento dean d’Ourense et don Ares Fernandes chantre et don Iohan Afonso arçidiago de Caldelas et Roi Gonçalves thesoureiro et outras personas, coengos et omes boons do dito cabidoo, paresçeu y Alvaro Anrique veziño da dita çidade morador en Çima de Vila et el diso aos ditos omes boons que el tiña en a dita rua de Çima de Vila hunas casas que foron de Dominga Anes Soolleira que foi que perteesçian ao dito cabidoo, as quaes el ouvera et tiña commo suas et por suas por çerto foro que era tiudo de fazer ao dito cabidoo, as quaes el non podia reparar segundo era tiudo, nen pagar aquel foro ou pensson a que as ditas casas et el eran obrigados. Por ende que el non costrengudo por força nen endozido por engano, çertificado de todo seu dereito, disso que demetia as ditas casas con seus sotoons et sobrados enno dito cabidoo et aos ditos omes boons do dito cabidoo para que fezesen delas suas vontades et o que lles aprouvesse, ca el todo jur, señorio, posisson, propiedade, voz e auçon e dereito que avia nas ditas casas que todo o tollia et removia et partia de si e de todas suas vozes et que o poiña et traspasava et trasladava no dito cabidoo e omes boons del por esta presente carta. Et os omes boons do dito cabidoo diseron que reçebian a demitiçon que o dito Alvaro Enrique lles fasia das ditas casas et dereito se o en elas avia, et que davan ao dito Alvaro Enrique daqui endeante et a todos seus beens por libres et por quitos de alguna obrigaçon se lle eran obrigados por razon das ditas casas. Et desto o dito cabidoo et os omes boons del pediron testimunyo. Testimunyas Garçia Diaz d’Espinosa, Johan Fernandes Ponpeña notario d’Ourense, Roy Lourenço da rua dos Çapateiros, Johan d’Aguada raçoeiro et Martin Raan porteiro do dito cabidoo et outros.

Et logo enno dito cabidoo et por as ditas testimunyas o dito cabidoo et omes boons aforaron as ditas casas a Vaasco Rodrigez d’Espiño escudeiro, juiz d’Ourense, et a sua moller Maria Peres que non era presente et a todas sua vozes para senpre as ditas casas commo demarcan da huna parte con casas de Gonçalvo Martines purtugues escudeiro et da outra con casas de Johan de Touro, et teen o outoeiro en casas que foron de Estevo Yanes d’Anbia scudeiro, et as portas enna dita rua publica de Çima de Villa. Aforamos vos as ditas casas con seus sotoons e sobrados et entradas et seidas e con todos seus jures e dereitos et perteensças por tal condiçon que as telledes e trastelledes et reparedes de todo o que lles conprir commo non desfalescan por mingoa de lavor et de boon reparamento, et dedes de cadauun anno a nos dito cabidoo doze libras de diñeiros da moeda que corre de que contan a viinte soldos por libra ou a estimaçon deles enna moeda que correr et pagaredes los aos terços do anno segundo uso e costume de se pagaren os outros foros de nos dito cabidoo, et os ajades vos et a dita vosa moller e vozes libres et quitos de todo outro enbargo, et non devedes vos nen a dita vosa moller et vozes poer çensso nen trebuto nen fazer manda a igleia nen a moesteiro nen a lugar piadoso porlas ditas casas salvo a nos dito cabidoo. Et se pleito ou contenda recresçer ontre vos ou vosas vozes et nos dito cabidoo sobre razon das ditas casas que sejan tomados et escolleytos dous omes boons do dito cabidoo que por avinça ou por conposiçon livren o pleito et contenda que ontre vos et nos for por sentença, toda outra apellaçon remota. Et se por ventura quiserdes vender etç. Et obrigamos os beens da mesa de nos dito cabidoo para vos et a dita vosa moller et vozes serdes defesos et anparados senpre a dereito con as ditas casas que vos aforamos commo sobre dito he. Et eu o dito Vaasco Rodrigues que soo presente por min et por la dita Maria Peres miña moller que non he presente et por todas nosas vozes assy reçebemos de vos dito cabidoo as ditas casas aforadas porla maneira et condiçoens sobre ditas, et para reparar as ditas casas de todo o que lles conprir et para vos dar et pagar as ditas doze libras en cada huun anno aos terços do anno commo dito he et conprir et aguardar as condiçoens desta carta e cada huna delas obrigo todos meus beens gaañados et por gaañar. Et he posto entre nos as partes que a parte de nos que contra esta carta et aforamento veer et a conprir e aguardar non quiser que peyte aa outra parte que o conprir e aguardar quiser por nomme de penna e interese çen mrs. de boa moeda et a penna pagada ou non etç. Testimunyas os sobre ditos.

Et yo Johan Fernandes de Bovadilla notario publico dela çibdat de Orense por el obispo e iglesia desse lugar dado a las notas e registros que fueron e ficaron de Affonso Anes Giça notario que fue dela dicha çibdat de Orense que esta carta en hun libro de notas que fue e fico del dicho Affonso Anes falle e aqui fielmente fis trasladar en mi pressençia a pedimento de Vasco Rodrigues d’Espiño e aqui mio nonbre e mio signo pusse en testimonio de verdat que es tal.

(sinal)

Dentro enno cabidoo da dita igleia foi presentada \porlo dito (Rodrigo Peres)/ esta dita carta, dous dias de março, anno de m cccc xlii en presença de min (notario) e tests. juso escriptas, a qual liuda Gil Fernandes dito procurador do dito cabidoo pedio a Fernando (Rodrigues) arçediago \de Castella/ presente que lle mandase dar o traslado dela por quanto he nesçesario ao dito cabidoo e entreposese sua autoridade e decreto ao traslado ou traslados que fosen sacados por min notario para que fesesen fe commo este proprio original trasladado da dita carta original, o qual dito arçediago de Castella e provisor diso que entrepuyña sua autoridade e decreto e que mandava logo a min dito notario que a trasladase e que qual quer traslado ou traslados que eu dela sacase signados de meu signo, que mandavan que feçesen fe en juiso e fora del, do qual todo segundo que pasou o dito procurador diso que llo dese signado para guarda do dereito do dito cabidoo. Tests. os señores arçidiagos de Lymya e Varonçelle e Castela, Loys Fernandes, Lourenço Yanes, Gonçalvo Garçia, Rodrigo Afonso, Rodrigo Fernandes coegos da dita igleia.



Materias

alcalde maior; apelación; arbitraxe; arcediago; arquivo; auto xudicial; bispado; campá; canon foral; casas; catedral; chantre; claustro; cóengo; cóengo; concello; construción; deán; dignidades; diñeiros; escudeiro; esposa; esposo; estranxeiro; familia; fidalgo; libra; libra; libros; linde; medidas; mesa capitular; muller; muller; notaría; notario; notario; obrigación; obrigación; pena; procurador; publicación; racioneiro; renuncia; rexistro; rúa; rúa; soldo; tellado; tesoureiro; traslado; venda; vigairo; xuíz; cabido

Persoas

Álvaro Henríquez; Ares Fernández, chantre de Ourense; Ares Lourenzo, cóengo de Ourense; Dominga Eáns Solleira; Estevo Eáns de Ambía, escudeiro; Fernando Rodríguez, arcediago de Castela; Fernando Sánchez Sarmiento, deán de Ourense; García Díaz de Espinosa, alcalde maior de Ourense; Gonzalo García, cóengo de Ourense; Gonzalo Martínez, portugués, escudeiro; linde; Lois Fernández, cóengo de Ourense; Lourenzo Eáns, cóengo de Ourense; María Pérez; Martiño Ran, porteiro do cabido de Ourense; Roi Afonso, cóengo de Ourense; Roi Fernández, cóengo de Ourense; Roi González de Tapia, tesoureiro de Ourense; Roi Lourenzo; Vasco Rodríguez de Espiño, escudeiro e xuíz de Ourense; Xoán Afonso de Castro, arcediago de Caldelas; Xoán da Aguada, racioneiro de Ourense; Xoán de Touro; Xoán Eáns, arcediago de Baroncelle; Xoán Fernández de Bobadilla, notario; Xoán Fernández Pompena, notario; Afonso Eáns Guiza, notario

Outros

Ourense, bispado; Ourense, concello; Ourense, cabido

Lugares

Baroncelle, arcediagado; Bovadilla; Caldelas, arcediagado; Castela, arcediagado; Limia. Antiga xurisdición e arcediagado.; Ourense; Xunqueira de Ambía