GMH/ÍNDICE A-Z

55

s/d (xaneiro, 24)

Fernando Afonso, carpinteiro, morador en Pena Cova, afora a Pedro Gómez e á súa muller Inés González, moradores na dita freguesía, pola mesmas voces que el o ten do mosteiro de Santa María de Sobrado, o lugar de Pena Cova, facéndolle ao dito mosteiro foro de terza do viño, a metade das castañas e 20 soldos (que son 27 diñeiros) de dereitura, así como varios días de seara ao ano, e a el tres teigas de castañas e dúas de pan. (fols. 17-18)

Carta de Pero Gomes, pagadas IIII brancas.

Sabean quantos esta carta de aforamento viren como eu, Fernan Afonso carpenteiro, morador en Penna Cova, que he enna freigesía de San Romaao, dou et outorgo aforo a vos Pero Gomes que sondes presente et a vosa moller Eynes Gonçalves que non he presente, moradores enna dita freigesia et porlo tenpo e voses que o eu teño, conben a saber que vos aforo o lu o meu lugar de Penna Cova \segundo/ que eu teño aforado do mosteiro de Santa Maria de Sobrado. Aforo vos o dito lugar con todas suas casas e adegas et erdades e viñas e arvores e soutos et cortinas e entradas e seydas e dereitos e jures et perteesças, por tal condiçon que labredes e paredes ( fol. 17)
ben as ditas viñas e herdades do dito lugar et reparedes as ditas casas et manteñades o dito lugar en boon revor, en tal maneira como non desfalesca etç. et façades do dito lugar foro de terça ao dito mosteiro de todo o viño que deus der ennas viñas do dito lugar a qual et daredes das castañas que deus der ennos soutos et arvores do dito lugar medeo de todas las ditas castañas a deçeda do caniço e mays por dereytura ao dito mosteiro de cada huun anno viinte soldos por día de san martiño et montan estes viinte soldos viinte et sete dños. \e mays que diedes de cada anno os dias de seara ao dito mosteiro de Santa Maria de Sobrado segundo que eu soon tiundo/ et mays daredes vos et vosas voses a min e a miñas voses en paz et en salvo en cada huun anno çinqo teegas, tres de castanas et duas de pan, por teega dereyta da dita terra, linpas e secas e escolleytas, o pan em todo o mes de agosto et as castanas ata o primeiro día de janeiro et do al de disemo a deus livre et quite de todo outro trebuto, çenso e encarrego alguun et se vos ou as ditas vosas voses quiserdes vender, deytar ou supinorar que primeiramente frontedes con el a min e a miñas voses para que o aja por lo justo preço que vos outro por elo der et he posto condiçon que se ontra anbos a dous poderemos aver o dito lugar do dito mosteiro de mellor foro, que o ajamos et eu que consenta en elo que o ajades vos o dito Pero Gomes de mellor foro, se seer poder et avendo do dito mosteiro por mays tenpo e voses e por mellor foro, que o ajades e sejades tiundo vos o dito Pero Gomes e vosas voses de me faser o dito foro das ditas çinqo teegas segundo dito he e que me diedes o traslado da ( fol. 17v)
dita carta que teendes do dito lugar e para o eu aver de mellor foro etç. e obrigo todos meus beens e os beens do dito mosteiro etç. et eu o dito pero gomes obrigo meus beens de faser os ditos foros a vos e ao dito mosteiro segundo dito he etç. Penna quinentos mrs. Tests. Joan Françes çapateiro et Joan de Betanços vesiño d’Ourense e Gonçalvo Afonso morador em San Giines.