GMH/ÍNDICE A-Z

68
1308, outubro, 7. Lugo

O bispo de Lugo afóralles a Mendo Pérez, a súa muller e unha voz o casal do Carballal, en San Salvador de Martín, por renda anual da metade do labrado, 140 soldos por foros, mais outras obrigacións. O foreiro, deseguido, dóalle ao bispo a metade da súa herdade na citada freguesía e véndelle a outra metade por 100 marabedís.

MADRID, AHN, Carp. 1332 A/24, cart. part. por a.b.c., perg. orix., galego, gótica cursiva, 176x173 mm.

Sabeam quantos esta carta virem, commo nos don frey Iohan, por la gracia de Deus bispo de Lugo, fasemos tal vervo et tal emprasamento con vosco Meen Perez de Francos, et con vossa moller Tareyia Affonso, por vossos dias d'ambos et d'un vosso fillo ou filla ou outra perssoa qual o pustrimeyro de vos nomear en vida ou en morte. Conven a saber que vos damos o nosso casal do Carvallal, que he su signo de San Salvador de Martin, enno qual ora mora Pedro Fernandez Loriga, con todas suas pertenenças et dereyturas, et vos avedes a morar en este casal por vos ou por vosso omme, et lavrardelo et parardelo ben, et faserdes y huna casa de pedra et cuberta de palla, et avedes de meter de pobrança duas vacas et un boy, et doze rexellos, et nos metermos y hun boy et una vaca. Et vos avedes nos a dar a meatade de quanto lavrardes salvo nabal, et orto et fruyta, et a semente deve seer de por meo; et avedes nos a dar por foros cada anno çento et quarenta soldos desta moneda que ora ande del rey don Fernando ou a valor por eles, et una galina et un cabrito et una marraa, et non avedes a faser outros foros salvo d'enviardes o pan a a tulla do nosso paaço de Francos. Et da criança que y trouverdes non avedes a dar dela ninguna cousa. Et eu Mee Perez sobredito por rason deste ben et desta merçee que me vos o bispo sobredito fasedes dou a vos, obispo sobredito, en doaçon por iur d'erdamento por sempre a meatade de quanta herdade eu aio et devo aaver su signo de San Salvador de Martin, con todas suas pertenenças et dereyturas, et a outra meatade vendovola con suas pertenenças et dereyturas de boo coraçon et de boa voontade, por çen moravedis desta moneda sobredita, os quaes reçibi et de que me outorgo por ben pagado, et esta herdade assi a que vos eu dou commo a que vos vendo, conven a saber que a aio de trager et lavrar de vossa mao con esta outra herdade do casal sobredito, et darvos dela a meatade do que en ela lavrar, et metovos logo no iur et na possisson desta herdade sobredita. Et a a morte d'aquel fillo ou pessoa que for nomeada deve a leyxar este casal pobrado de çinquo armentios et de doze rexellos, et ficar livre et quito a o bispo de Lugo con todo o herdamento sobredito que vos eu dou et vos vendo, et con todos los boos paramentos que en el foren feytos.

Et eu Mee Perez sobredito por min et por myna moller et por aquela persoa que for nomeada me obligo por min et por todos meus bees moviles et rayz de conplir todo esto que sobredito he. Et que esto fose çerto nos o bispo et Meen Perez sobreditos rogamos a Françisco Lopez, notario publico de Lugo, que fezesse ende duas cartas partidas por A. B. C.

Feyto foy esto en Lugo VIIe dias de octubre, era de mill et CCC et Xª LVI annos. Et nos, o bispo sobredito, a mayor firmidume mandamos seellar esta carta con nosso seello colgado.

Testemoyas: Aras Peláez capellam do bispo, Iohan Perez clerigo do bispo, Martin Perez moordomo de Gomian, Iohan Dominguez de Lovoriz, testemoyas et outros.

Et eu Françisco Lopez, notario sobredito, a esto fuy presente et por mandado do bispo et de Meen Perez sobreditos esta carta escrivi et puge en ella meu signal.

SIGNO