1349, novembro, 16. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlles a Afonso Arias e á súa muller e a
unha voz herdades en Rubín e Pedrafita, freguesías de Santa María de
Rubín e Santiago da Veiga, por renda anual de 100 soldos e outras
obrigas.
Sabeam
quantos esta carta virem commo nos Diego Ferrnandes, dayan, et o
cabidoo da iglesia de Lugo, avervamos a vos Affonso Arias, visinno de
Sarrea, et a vosa muller, Tareyia Afonso, por en todos vosos dias
d’anbos et a huna persoa qual o pustrimeyro de vos nomear para
esto, toda quanta herdade os aniversarios desta iglesia an en Ruvin
et en Pedrafita, sub signos de Santa Marina de Ruvin et de Santiago
da Veyga, con todas suas pertenenças et dereyturas peru quer
que vaan, a qual herdade tragia Iacome Eanes, clerigo de Sant
Salvador de Sarrea, et avedes a lavrar et parar ben a dita herdade,
et dardes cada anno en salvo en Lugo C soldos desta moneda del rey
don Affonso, ou d’outra moneda que os valla, a o procurador ou
rendeyro dos ditos aniversarios, por dia de Natal, et vos et a dita
vosa muller et a dita persoa avedes a leyxar demays a os ditos
aniversarios a tempo de vosa morte huna teega de boa herdade semente
da vosa enno dito lugar de Pedrafita, en guissa que fique con esta
outra a os ditos aniversarios livre et quita et con todos los boos
paramentos que en elas foren feytos.
Et
eu, o dito Affonso Arias, que estou presente por min et por la dita
minna muller et pesoa sobredita, asy reçebo de vos, lo dayam
et cabidoo sobreditos, a dita herdade, et obligo todos meus beens et
seus para comprirmos todo o que sobredito he, et leyxar a os ditos
aniversarios a dita teega semente de herdade con a outra sua herdade
sobredita et livre et quita a finamento da pustrimeyra persoa que y
for nomeada, commo dito he. Et por que esto seia çerto nos las
partes rogamos a Fernando Garçia, notario publico del rey en
Lugo, que feçese ende duas cartas tal huna commo outra et
posese en cada huna delas seu sinal.
Que
foron feytas en Lugo XVI dias de novenbre, era de mill et CCCos
LXXXª et sete annos.
Et
foron presentes: don Diego Ferrnades, dayan sobredito; don Fernando
de Deus, chantres; don Afonso Gomes, arçidiago de Deça;
don Vaasco Dias, iuyz; Tomas Gomes et Iohan Diaz, coengos de Lugo;
Gonçalvo Peres, sanchristan desa iglesia, et outros. Et por
mayor firmidue mandamos seellar esta carta de noso seello pendente.
Et
eu Fernado Garçia, notario sobredito, fuy presente et fis
scripvir esta carta et puge y meu sinal.