1354, decembro, 20 luns. Lugo
Xácome Pérez, procurador dos aniversarios da igrexa lucense, realiza
pescudas relativas a unha herdade que en San Xoán de Pena posúen os
devanditos aniversarios.
Era
de mill et tresentos et noveenta et dous annos, lues viinte dias
andados do mes de dezembro.
Commo
eu Jacome Peres, procurador dos aniversarios da iglesia de Lugo, foy
a Fontao, na terraria de Sayoane de Penna, saber d’una herdade
que era dos aniversarios que tragia y juntada et ascondida con outra
herdade, a que chaman do Loyo, et tirey verdade et enquissa dos omes
et mullere vedraos do dito lugar en que iaçia a dita herdade,
et achey viinte et çinquo leyras d’agro et de cortinnas,
as quaes me logo peegaron et deron por iuramento de santos avangeos:
Duran Peres, morador en Sayoane da Penna, et Aras Ferrnandes, et
Mayor Ferrnandes, moradores en Fontao. A qual herdade eles todos tres
lavraran en outros tempos por los aniversarios da iglesia de Lugo, a
qual herdade he semente duas teegas et mea a huna mao, et a a outra
huna teega et mea; et de cortinnas huna teega et mea semente; et
achey mays dez teegas semente d’erdade que iaz en geestal en
huna agra que esta cabo Fontao.