GMH/ÍNDICE A-Z

656
1364, xaneiro, 1. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Xoán Eanes e á súa muller e a unha voz as súas herdades en Castelo e Barcia, freguesía de Santalla de Mazoi, por renda anual de 10 marabedís e a obriga de construír unha casa.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 112v.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos, o dayan, et cabidoo da iglesia de Lugo juntados en cabidoo, segundo que o avemos de uso et de custume, con consentimento et outorgamento de don Alvar Rodrigues, chantre de Lugo, et rendeyro dos aniverssarios da dita iglesia, avervamos et aforamos a vos Johan Eanes de Burella, [mordomo] de nosso sennor obispo de Lugo, don frey Pedro Lopes, et a vossa muller, Tereyia Lopes, et a huna perssoa a pus vos qual o pustrimeyro de vos nomear en vossa vida ou ora da morte, toda quanta herdade mandou a os ditos aniverssarios da dita iglesia don Affonso Gomes, arçidiago que foy de Deça, en Castello de sobre Masoe, sub signo de Santa Alla de Masoe, et a herdade de Varsia que el avia nos ditos lugares por patrimonio, ou compra, ou gaança, ou por outra maneyra qualquer que el y oubesse, et segundo que vo-la el mandou en seu testamento; et fasemos-vos o dito vervo et foro con casaaes et formaaes, et arvores, et chantados, entradas et seydas, a montes et a fontes per hu quer que vaa sub quaesquer signos que aia enos ditos lugares, et o dito arçidiago y avia enos ditos lugares, a a tal condiçon que lavredes et façades lavrar et parar ben as ditas herdades dos ditos lugares vos et a dita vossa muller et a dita pessoa pus vos, et tirar et fazer tirar de monte hu tiraren os outros d’aquelles lugares, et faser ena dita herdade hu virdes que mays compre huna cassa cuberta de geestas et de palla et de madeyra et portada, en guisa que fique feyta et apostada a finamento de vos et da dita vossa muller, et da dita pessoa; et avedes a dar, cada anno, de foro et renda vos et a dita vossa muller et pessoa sobredita a os ditos aniverssarios et a aquel, ou aqueles que os por eles ouver de recadar, dez moravedis, d’oyto soldos cada moravedi, en salvo en Lugo por cada dia de Natal de desenbro; et a morte de vos et da dita vossa muller et da dita pessoa que as ditas herdades fiquen livres et quitas et dessenbargadas de vos et de vossa vos a os ditos aniverssarios da dita iglesia et a seus recadadores delles con a dita cassa feyta et cuberta, et con todos los boos paramentos que en elas foren feytos.

Et eu, o dito Johan Eanes, que estou pressente por nome de min et da dita minna muller et da dita pessoa, assy reçebo de vos, o dito dayan et chantre et pessoas et omes boos do dito cabidoo, o dito vervo et foro das ditas herdades por as pusturas et condiçoes que ditas son; et obligo meus bees et da dita minna muller Documentos da catedral de Lugo. Século XIV 749 et da dita pessoa a teer et comprir et gardar et pagar esto que dito he et leixar a dita cassa feyta et cuberta a finamento de nos et da pessoa sobredita. Et que esto seia çerto nos, o dito dayan, et chantres et cabidoo et Johan Eanes, rogamos a Aras Eanes, notario publico de Lugo, que fesesse duas cartas en hun tenor huna para nos, o cabidoo, et outra para vos, o dito Johan Eanes.

Feyta en Lugo, primeyro dia de janeyro, era de mill et quatroçentos et dous annos.

Testemoyas que foron pressentes: dom Ruy Fernandes, dayan; dom Alvar Rodrigues, chantre; dom Vaasco Rodrigues, arçidiago de Sarrea; dom Lopo Domingues, arçidiago de Triacastella; dom Diego Gomes, juys de Lugo; dom Iohan Dias, thesoreyro; Alvar Dias et Thomas Gonçalves et Fernando Ares, coengos; et Pedro Aras et Affoso Eanes et Aras Ferrnades et Jacome Ferrnandes, raçoeyros da iglesia de Lugo; et Afonso Eanes et Lourenço Eanes et Afonso Ferrnandes, sancristan, et Fernando Rodrigues et Gonçalvo Rodrigues, clerigos do coro; et Lopo Peres, porteyro ts., et outros.

Et eu Ares Eanes, notario sobredito dado por obispo desse lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas pressente foy, et a rogo do dito cabidoo et do dito Johan Eanes esta carta escripvi et meu signal aqui puge en testemoyo de verdade.(+).