1379, marzo, 2. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Fernando Gómez e á súa muller e a unha voz
unha casa na rúa Nova por renda anual de 12 marabedís e outras obrigas.
Sabeam
quantos esta carta virem commo nos o dayan et cabidoo da iglesia de
Lugo seendo juntados en cabidoo por campaa tanjuda enno coro da dita
iglesia, segundo que avemos de custume, con outorgamento de Garçia
Rodrigues, clerigo do dito coro, rendeyro dos anyverssarios da dita
iglesia, avervamos et afforamos a vos Fernan Gomez, fillo de Gomez
Merenda, morador a a Porta Nova, et a vossa muller, Moor Peres, et
huna pessoa qual o postrimeyro de vos nomear en sua vida ou a o tempo
de seu finamento, a casa que he dos ditos anyverssarios que esta en
rua Nova sub a capella de San Pedro con seus ortos et seydo et poço
que lle perteeçe, a qual cassa esta entre la cassa de Gomes
Gonçalvez, pedreyro, da huna parte, et a cassa en que mora Fernando
Martines, piliteyro, da outra parte; por tal condiçon que façades
et reparedes a dita cassa das paredes et portaes et teyto et
cubertura dela, et do al que estever por fazer. Et que dedes et
paguedes vos et a dita pessoa en cada hun anno por foro da dita casa
doze moravedis, d’oyto soldos cada moravedi, desta moneda ussual
por dia de San Martino de novembro, a nos ou a aquel que for
procurador dos ditos anyverssarios; et a a morte da pustrimeyra
pessoa de vos que a dita cassa fique livre et quita con todos los
boos paramentos que en ela foren feytos a os anyverssarios da dita
iglesia.
Et
eu, o dito Fernan Gomez, que estou pressente por min et por la dita
mina muller et pesoa assy reçebo o dito vervo et foro da dita cassa
de vos, o dito cabidoo, et obligo por todos meus bees et seus delles
de o comprir et gardar en todo enna maneyra que sobredito he.
Et
nos, o dito dayan, et cabidoo assy vos outorgamos o dito vervo et
foro da dita cassa. Et porque he çerto nos las ditas partes rogamos
a Fernan Peres, notario publico de Lugo, que fezesse ende esta carta
et a signasse de seu signal.
Feyta
en Lugo, dous dias de março, era de mill et quatroçentos et dez et
sete annos.
Testemoyas:
don Johan Afonso, dayan de Lugo; don Rodrigo Affonso, arçidiago de
Deça; don Pedro Aras, arçidiago de Triacastela; don Diego Gomez,
thesoreyro; Thomas Gomez, Fernando Peres, Affonso Ferrnandes, Aras
Peres, Ares Ferrnandes, coengos; et Jacome Ferrnandes, et Alvaro
Ferrnandes, et Afonso Yanes, raçoeyros da iglesia de Lugo; et Pedro
Dominguez de rua Nova; et Lopo Peres, porteyro do dito cabidoo, et
outros.
Et
eu Fernando Peres, sobredito notario publico de Lugo dado por la
autoridade do sennor obispo dese lugar, a esto que sobredito he
presente foy et aqui puge meu nome et meu signal en testemoyo de
verdade.