GMH/ÍNDICE A-Z

819
1380, maio, 4. Lugo
O Cabido de Lugo afóralle ao arcediago de Neira, don Pedro Arias, e a dúas voces o casal de Abuín, próximo á cidade, coa obriga de construír unha casa de sete brazas de longo e tres de ancho; as voces deben pagar 40 marabedís anuais como renda.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 102r.

Era de mill et quatroçentos et des et oyto annos, quatro dias de mayo.

Sabeam todos que nos o cabidoo da iglesia de Lugo estando juntados en cabidoo enno coro da dita iglesia, segundo avemos de custume, con dom Johan Afonso, noso dayam, que he presente et outorgante, por faser ben et graçia a vos dom Pedro Aras de Parrega, arçidiago de Neyra, amiistrador do mes de jullio en terras de Narla et Parrega et Goyoso, que estades presente, damos-vos en foro o casal que esta en Avoyn çerca de Lugo, que he da dita amiistraçon et que vos ora teedes et husades por nome della, por vosa vida et de duas persoas depus de vos a huna qual vos nomeardes en vida ou a tempo de finamento, et a outra qual nomear aquela persoa que vos nomeardes para esto; a a tal condiçon que vos et as ditas persoas façades lavrar o dito lugar et pararlo ben et manteerlo en boo estado, et que façades y huna casa en este dous annos primeyros que seia feyta de sete braças de parede en longo et tres braças et medea en ancho sen paredes, et cuberta de lousa et portada, et que tenades feyta a dita casa et as outras deste lugar et en boo paramento, et as ditas persoas que para esto foren nomeadas que den de cada anno de foro do dito lugar a aquel que for amiistrador da dita amiistraçon quareenta moravedis de longos desta moneda que ora anda, ou de outra que os valla, por dia de San Martino; et a finamento de vos et das ditas persoas que para esto foren nomeadas que o dito lugar fique livre et quito a a dita amiistraçon con as casas del feytas, et con todos los boos paramentos que y foren feytos, et as herdades ben lavradas et tiradas de monte. Et a primeyra persoa que vos o dito arçidiago nomeardes que venna reçeber o dito foro et vervo de nos, o dito dayan et cabidoo, et despoys de seu finamento a segunda persoa.

Et eu, o dito arçidiago, que estou presente por min et por las ditas persoas asy reçebo o dito foro do dito lugar de Avoyn de vos, o dito dayan et cabidoo, et obligo min et meus bees et das ditas persoas para o comprir en todo commo dito he. Et nos, o dito dayam et cabidoo, asy vos lo outorgamos. Et porque esto seia çerto nos as ditas partes rogamos et mandamos a Gonçalvo Peres, notario publico de Lugo, que fezese ende delo duas cartas en hun tenor.

Feytas en Lugo era era (sic) dias sobreditos.

Testemoyas: o dito dayan; et don Gonçalvo Eanes, chantres; et don Rodrigo Afonso ,arçidiago de Deça; don Pedro Ares, arçidiago de Triacastella; don Ares Peres, arçidiago de Deçon; don Diego Gomes, thesoreyro; don Thomas Gomes, juys; Fernan Peres, Afonso Ferrnandes, Ares Ferrnandes, Diego Lopes, Ruy Lopes, coengos; Afonso Eanes, Jacome Ferrnandes, Alvar Ferrnandes, Johan Garçia, raçoeyros, ts., et outros.

Et eu Gonçalvo Peres, notario publico de Lugo, a esto foy pressente et fis scripvir esta carta et aqui puge meu signal.