GMH/ÍNDICE A-Z

186
1330, xaneiro, 16
foro

O cabido afóralles a unha voz ao xastre Domingo Iáñez e á súa muller, Costanza Iáñez, a casa en que xa moran, na praza do Campo, por 20 libras, coa condición de restaurala.

ACOu, Escrituras XVII, 36

Sabeam quantos esta carta viren que nos Vaasco Perez deam d’Ourense e ho cabidoo desse lugar aforamos a vos Domingo Eanes alfayate et a vossa moller Costança Eanes em vossa vida danbos e a huna voz apus vossa morte danbos qual o pustrimeiro de vos nomear, as nossas casas que nos o dito cabidoo avemos eno Canpo, enas quaes vos agora morades, por tal condiçon que as reffaçades de todo lavor que y ouver mester a vista e mandamento de dous omes boons do dito cabidoo. Et dedes ende a nos o dito |o dito| cabidoo no dito tenpo cada anno por dia de Santa Eufemea viinte libras de brancos da moeda del rey dom Fernando de que contan xlª pares de diñeiros por tres libras. Et he posto que se por ventura as ditas casas caeren por fondamento que nos o dito cabidoo as façamos por nossa custa. Et se recreçer contenda entre vos ou vossa voz e o dito cabidoo sobrelas ditas casas que se termine por dous omes boons do dito cabidoo tomados sem suspeita a prazer das partes sem outra apellaçon. Et se no dito tenpo quiserdes vender ou deitar ou enpeñorar a[s] ditas casas que as vendades ou enpenoredes ante ao dito cabidoo ca a outre polo justo preço. Et se as el assy non quiser reçeber enton as vendede ou enpeñorade aa tal ome que seia semellavil de vos e que pague o dito foro cada anno en paz e en salvo commo dito he ao dito cabidoo. Et eu o dito Domingo Eanes para lavrar e reparar ben as ditas casas e pagar o dito foro cada anno commo dito he no dito tenpo, por min e pola dita myña moller et pola dita voz obligo todos meus beens gaañados e por gaañar. Et nos o dito cabidoo obligamos todos nossos beens para vos anpararmos no dito tenpo a dereito com as ditas casas. Feita a carta em Ourensse, xvi dias de janeiro, era de mill e trezentos e seseenta e oyto annos. Tests. que a esto foron presentes dom Johan Rodrigues chantre, Afonso Lourenço, Martin Fernandes, Johan Giraldez coengos, Gonçalvo Rella moordomo do dito cabidoo.

Et eu Afonso Viviaez coengo d’Ourensse e chanceler dessa cidade que a estas cousas presente foy e en mia presença as fige escrivir e este meu sinal y puge.

(sinal)