GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

483
1395, abril, 12
sentenza

Sentenza dada por Xil Rodríguez, mestrescola e vigairo do bispo, sobre bens das capelas fundadas por Pedro Domínguez dos Brancos e a súa muller, Dominga Iáñez, e por Roi Pérez Fungoso.

ACOu, Fábrica e Capelas do Santísimo, I, 51


Enno nome de deus amen. Sabbean quantos esta carta de sentença viren commo en presença de min Afonse Anes notario publico d’Ourense por lo bispo et porla igleia dessse lugar et das testimonyas juso escriptas, ante don Gil Rodrigues mestrescola d’Ourense et vigario geeral do onrrado padre et señor don Iohan porla graça de deus e da santa igleia de Roma obispo d’Ourense, pareçeu Pero Eanes clerigo do coro da igleia d’Ourense, teendor da suçison que ordenaron Pero Domingues dos Brancos e Dominga Eanes sua moller et Roy Peres mercadores que foron moradores en Ourense et presentou y antel duas cartas publicas, huna en maneira de codeçillo outorgado pela dita Dominga Eanes et outra de testamento feito et outorgado porlo dito Roy Peres, o dito codeçillo feito por Gonçalvo Peres Seixalvo notario que foy d’Ourense et signado de seu signal, et o dito testamento feito por Pero Lourenço notario que foy d’Ourense et signado do signal d’Estevoo Peres raçoeiro da igleia d’Ourense et chançeller da çidade d’Ourense, pela qual escriptura feita en maneira de codeçillo pareçia que a dita Dominga Eanes et heree do dito Pero Domingues seendo con todo seu entendemento et teendo ja seu testamento feito con o dito Pero Domingues seu marido et non revocando o testamento que avia feito con el nen no contradisendo et correjendo en el por que desia en el que entendia que era prol das almas suas et do dito Pero Domingues, et por que non viese despois contenda sobre os beens de que ela et o dito Pero Domingues non feseran mençon enno seu testamento nen no revocando, que mandava que todoslos beens et herdamentos que ela e o dito Pero Domingues conpraran con o dito Roy Peres et con Moor Domingues sua moller que fora, conven a saber daqueles que o dito Pero Domingues et ela non feseran mençon enno seu testamento, que andasen enna capela que o dito Roy Peres ordenase da outra sua meatade dos ditos beens en seu testamento, et que cantasem enna dita capela porla alma do dito Pero Domingues et sua et do dito Roy Peres et sua et de Moor Domingues et de todos aqueles a que eran tiudos, ao qual Roy Peres dava poder que podese fazer e ordenar dos beens que foran do dito Pero Domingues et dela capela ou suçison ou todo et juntarlos aos outros seus beens et establesçer para elo commo quisese e por ben tevese. Iten se contiiña enno testamento do dito Roy Peres que mandava et dava poder a Tereyja Peres sua heree et a Pero Escripvan morador en Allaris que tevesen en todas suas vidas a meatade dos herdamentos que el conprara con o dito Pero Domingues dos Brancos et con Dominga Eanes sua moller, a qual meatade dos ditos herdamentos lle perteeçian por que os conpraran con el, et a outra meatade dos ditos herdamentos et beens perteeçian ao dito Roy Peres por que os conprara con o dito Pero Domingues et Dominga Eanes, et que a dita meatade sua dos ditos herdamentos e beens que os juntava et leixava aa suçison que el ordenava et leixava aa dita Tereyja Peres sua moller, a qual meatade dos ditos herdamentos e beens que perteeçian aos ditos Pero Domingues et Dominga Eanes fasia mençon enno dito seu testamento que eran estes que se seguen: Primeiramente a meatade de huna leira de viña que jas en Rio de Fosado a sub a viña que foy de Martin Gomes et a meatade de huun piteyro aalen do rigeyro, et esta leyra et piteyro son de desimo adeus. Iten a meatade de outra leyra de viña en Raayro que he de disimo a deus. Iten a miña chousa do Outeyro. Iten a meatade de outro piteiro que jas enna Morteira et jas cabo outra viña de Pero Lourenço notario, et este piteiro he de foro de quarta. Iten a meatade de outro piteiro que jas en Bouça de Ramiro cabo de outro de Garçia Rodriges mercador. Iten a meatade do noso quiñon da seara de Castroverde que foy de Pero Domingues da Ayra et de Maria Martines sua moller. Iten a meatade de outra viña ennos Conchousos que jas a par do camiño que vay para Seixalvo et en çima toppa en viña de Martin de Gordon. Iten a meatade de outro piteiro que ias a su o camiño que vay para Seixalvo, o qual foy de Bolo Sovado et jas a cabo outra viña que foy de Fernan Moreda. Iten a meatade de dous piteyros a sub a congosta que vay d’Ourense para Seixalvo et huun delles he de disimo a deus et outro de foro de quarta et lavraos Migueel que morou na Ayra do Bispo, et fasia de mais mençon enno testamento do dito Roy Peres que a meatade dos ditos herdamentos e beens que perteeçian aos ditos Pero Domingues et Dominga Eanes que os tevese Tereyja Peres sua moller et Pero Escripvan d’Allaris en toda sua vida et aa morte deles e de cada huun delles que a dita meatade dos ditos herdamentos e beens que os herees da dita Tereyja Peres et Pero Escripvan con seus conpridores do dito Roy Peres ou con cada huun delles ou con seus herees vendesen a meatade dos ditos herdamentos et beens que perteeçian aos ditos Pero Domingues et Dominga Eanes a quen por eles mais dese et que desen o preço que por eles desem porlas almas dos ditos Pero Domingues et Dominga Eanes en minsas de sobre altar et en pannos aprovos e en pan e en carne et nos outros lugares que eles entendesen que era mais prol et soude das almas dos ditos Pero Domingues et Dominga Eanes et de aqueles a que eles eran tiudos. Et monstradas et presentadas as ditas cartas o dito Pero Eanes diso que el que se temia que Iohan Peres Rosete et Garçia Prego herees do testamento de Gonçalvo Anes coengo d’Ourense que foy fillo legitimo e heree da dita Tereyja Peres quererianse entremeter de vender os ditos beens et herdamentos de que o dito Roy Peres fesera declaraçon enno dito testamento que a dita Dominga Eanes aneixara et apropiara aa capela ou suçison que o dito Roy Peres ordenara, non no podendo faser de dereito, a huna rason porque a dita Dominga Eanes os apropiara et leixara por sua alma aa dita capela ou suçisom ordenada porlo dito Roy Peres et aa outra por que a dita Dominga Eanes non fasia mençom nen pareçia pelo dito seu codeçillo que os vendesem segundo enno dito testamento do dito Roy Peres se contiña, et aa outra por quanto os herees da dita Tereyja Peres et do dito Pero Escripvan os non venderan nen mandaran vender, por que entendian que os ditos herdamentos e beens foran e eran apropiados porla dita Dominga Anes aa dita capela ou suçison ordenada porlo dito Roy Peres. Et pediou ao dito vigario que por sua sentença ouvese por juntos os ditos herdamentos et beens et apropiados aa dita capela ou suçison et posese innibiçon perpetua aos ditos Iohan Peres Rosete e Garçia Prego et a seus deçendentes non poder vender os ditos herdamentos et beens. Et logo o dito vigario, visto o pedido e alegado pelo dito Pero Anes et aas ditas clausolas dos ditos testamentos, seendo en lugar de julgar diso que achava que segundo a forma do testamento da dita Dominga Eanes moller que fora do dito Pero Domingues, que o dito Roy Peres non podera mandar vender os beens da dita Dominga Anes que mandara juntar aa capela ou suçison ordenada porlo dito Roy Peres, et por ende que por sua sentença mandava seer juntos et apropiados os ditos herdamentos e beens contiudos enno dito testamento do dito Roy Peres et declarados que diso en el que foran gaañados porlos ditos Roy Peres et Pero Domingues et Dominga Eanes aa dita capela ou suçison que o dito Roy Peres ordenara, et que non podesen seer vendidos por herees do dito Gonçalvo Anes coengo fillo e heree da dita Tereyja Peres nen por outro alguun et que o dito Pero Eanes et seus deçendentes teendores da dita suçison ou capela que tevesen os ditos beens aqui de suso declarados et os mays que achasen que perteeçian aa dita suçison et levasen os husos froytos delles et cantasen et çelebrasen por eles porlas almas dos ditos Pero Domingues e Dominga Eanes et Roy Peres segundo a contidade do que rendian os ditos beens ou mais se mays beens achasen que lles perteeçian. Et que asi o mandava et julgava por sua sentença defenetiva. Dada foy esta sentença en Ourense, dose dias do mes dabril do anno do naçemento de noso señor Jhesu Cristo de mill et tresentos et noveenta et çinqo annos. Testimonyas que a esto presentes foron Fernan Afonso capelan da capela curada de Santa Oufemia et Alvaro Gonçalves portugees et Afonso de Monforte et Johan Fernandes et Johan de Trella ommes do dito meestrescola et vigario et outros.

Et eu Affonso Anes notario publico d’Ourense porlo bispo e porla igleia desse lugar que a esto que sobre dito he presente foy e en mina presença o fige escrivyr, en esta carta de sentença que dello dey ao dito Pero Anes meu nome e signal fige en test. de verdade que he tal.

(sinal)

[reverso] Carta conçertada por Affonso Garçia.

Sentençia sobre çertos beens.





Materias

alcume; alimentos; altar; anexión; audiencia diocesana; auto xudicial; bispado; bispo; cabido; camiño; canon foral; capela; carne; chanceler; chousa; cláusula; codicilo; cóengo; concello; coro; crego; criado; cumpridor; décimos; demanda; escritura; esmola; esposa; esposo; estranxeiro; familia; fillo; fundación; herdanza; leira; linde; mercador; mesa capitular; mestrescola; misa; muller; nai; notario capitular; pai; pan; panos; poder; preito; prezo; proceso; procuración; provisor; racioneiro; rendeiro; rexedor; río; seara; sentenza; tenza; testamenteiro; testamento; traslado; tributos; valoración; venda; vigairo; viña; notario

Persoas

Afonso de Monforte, home de Xil Rodríguez de Soutelo; Afonso Eáns, notario; Afonso García, notario; Álvaro Gonzalez, portugués; Bolo Sobado; Dominga Eáns; don Xoán, bispo de Ourense; Estevo Pérez, racioneiro de Ourense; Fernando Afonso, párroco; Fernando Moreda; García Prego; García Rodríguez, mercador; Gonzalo Eáns, cóengo de Ourense; Gonzalo Pérez de Seixalbo, notario; Maior Domínguez; María Martínez; Martiño Eáns de Gordón, rexedor de Ourense; Martiño Gómez; Miguel; Pedro Domínguez da Aira; Pedro Domínguez dos Brancos, mercador; Pedro Eáns, crego do coro de Ourense; Pedro Escribán de Allariz; Pedro Lourenzo, notario; Roi Pérez, mercador; Tareixa Pérez; Xil Rodríguez de Soutelo, mestrescola de Ourense; Xoán de Trella, home de Xil Rodríguez de Soutelo; Xoán Fernández, home de Xil Rodríguez de Soutelo; Xoán Pérez Rosete; Afonso Eáns, notario

Outros

Ourense, bispado; Ourense, concello; Portugal, reino; Ourense, cabido

Lugares

Aira do Bispo; Allariz; Bouza de Ramiro; Castroverde; Conchousos, Os; Morteira, A,; Ourense; Outeiro; Regueiro Foxado; Seixalbo; Trelle