GMH/ÍNDICE A-Z

162
1326, decembro, 10
venda

Maior Iáñez de Penavixía entrégalle ao cabido a metade dunhas casas que ela ten aforadas, sitas na rúa de Penavixía, por non poder pagar a renda delas. A operación preséntase na forma dunha venda que a citada Maior lle fai ao cabido polo importe da renda anual do foro.

ACOu, Escrituras V, 2

Sabeam quantos esta carta virem que en presença de min Lopo Sanches notario iurado d’Ourense porla igleia desse lugar et das testemuyas adeante escriptas, Moor Eanes de Penavigia, moller de Johan Affonso que foy, disso que ella tiiña afforadas do cabidoo d’Ourense en sua vida hunas casas enna rua de Pennavigia et que lle avya a dar cada anno de renda viinte e duas libras de brancos da moeda del rey dom Fernando et por que esta renda era grande et non na podia pagar, et outrossy por que devya ao dito cabidoo a renda dalguuns annos de tenpo passado et non tiiña por que a pagar, por esta rason deu en venda para senpre a dom Johan Rodrigues chantre que he presente et vigario de dom Vaasco Peres dayam d’Ourense en pessoa do cabidoo sobre dito et para este cabidoo a meatade dunas casas que ella avya enna dita rua, que conprara con o dito seu marido, as quaes foron de Orraca Fonso et de Ares Fernandes et de Maria Muniz, as quaes casas estan entre las casas que foron de Maria Esteves et outras casas que foron de Domingo Dominguez et ençima entestam enna vina do cabidoo e teem as portas enna dita rua, segundo que eran demarcadas ennas cartas por que as conpraram os ditos Johan Affonso e Moor Eanes. Vendeulle a meatade das ditas casas con entradas et seydas e con todos seus dereitos et perteenças et livres et quites de todo outro enbargo salvo fumagen, aguardado o señorio da igleia d’Ourense e o custume dessa çibdade. Et logo todo iur, voz e auçon, señorio, possissom, propiedade que ella avya ou poderia aver na meatade das ditas casas todo o tolleo de sy et de toda sua voz et posoo para por senpre enno dito cabidoo. Et de mays outorgou que quen quer que da sua parte ou da estraya que contra esta carta veesse que peytasse aa vos del rey por nomme de pena çem mor. da boa moeda et ao dito cabidoo quanto demandasse doblado et esta carta ficasse firme para senpre. Et por esto o dito chantre vigario sobre dito en nomme do dito cabidoo deu por livre et por quite para por senpre a dita Moor Yanes et sua voz de todallas cousas et cada huna dellas que ella devya ao dito cabidoo ata este presente dia por razon da dita renda et livroa da renda das casas et tomoas para o dito cabidoo. Feyta a carta en Ourense x dias de dezenbro, era de mill et trezentos et seseenta et quatro annos. Testemuyas Johan Savaschaens reitor da igleia de Canedo, Gonçalvo Rella moordomo do cabidoo, Johan Martines servente do dito vigario, Crimenço Yanes morador aa Burgaa. Et eu Lopo Sanches notario sobre dito que a esto fuy presente et figeo escripvyr em miña presença e puge aqui meu nomme e meu signal que tal he

(sinal)

En este dia et era sobre ditos o dito Gonçalvo Rella moordomo do dito cabidoo en presença de min notario sobre dito e testemuyas su escriptas, estando enna rua de Pennavigia, reçebeo para o dito cabidoo a possissom e señorio da meatade das sobre ditas casas, por razon da sobre dita venda que dellas fezera a dita Moor Eanes, a qual possissom reçebeo por chave e por porta çarrada. Testemuyas Pero Gostey lavrador, Fernando Anes de Seyxalvo, Roy Garçia omme de Affonso Lourenço coengo moradores en Ourense. Et eu Lopo Sanches notario sobre dito que a esto fuy presente e figeo escripvyr em miña presença e puge aqui meu nome e meu signal que tal he

(sinal)

[reverso] Carta por que deu Moor Anes as casas de Pennavegia ao cabidoo.