Sabeam
quantos esta carta viren que eu Maria Domingues
moller de Pero Martines da Corredoyra que
foy enna una meatade, et eu Roy Peres fillo do
dito Pero Martines, tutor de Mariña miña yrmaa
pello poder da sobredita carta de tutoria por nomme
de essa Mariña para pagar as suas devedas enna outra
meatade, vendemos e para senpre outorgamos ao cabidoo
de Ourense çinco leiras de viñas que o dito
Pero Martines da Corredoyra padre meu e da dita
Mariña avia en Canpellos, das quaes leiras a meatade
dellas a min Maria Domingues aqueeçeu
en partiçon por razon do quinto que
me el mandou et a outra meatade aqueeçeu aa dita
Mariña sua filla en partiçon entre ella e seus
yrmaos, das quaes leiras a mays de fondo iaz entre a
herdade que foy de Miguel Paez
danbas las yllargas e en fondo fer en outra leira desse
Miguel Paez e en çima fer enna herdade
que foy de Pero Reymundez e esta
amuradella. Iten outra leyra a que chaman
da Fonte, iaz entre outras duas leyras de Miguel
Paez danbas las yllargas e enno fondo fer enno
rego por que vay a augua e ençima entesta ennas
viñas de fillos de Pero Colaço. Iten outra leyra que
chaman de Meogo, iaz entre entre duas leyras de Miguel
Paez danbas las illargas e en fondo fer enno rego da
augua e en çima entesta ennas viñas de fillos de Pero
Colaço. Iten outra leyra a que chaman do
Monte e iaz entre outra leyra de Miguel
Paez da una parte e vay una chave della
firir enno piteyro que Miguel Paez mandou
a Martiño commo, se parte de una yllarga
porlo rego da augua que ven entre ela e o
piteyro de Martiño e da autra yllaarga iaz una
leyra e monte de Santa Maria a Madre e
suso fer ennas viñas de fillos de Pero Colaço, esta
leyra leva una testeyra de monte suso ao camiño commo
vay o monte que foy de Pero Colaço da
una parte e da autra o monte de
Santa Maria a Madre en dereito de una
muradella a festo. Iten outra leyra que chaman
de Su o Camiño, iaz entre outra leyra que foy
de Moor Aras da una parte e a que foy de Miguel
Paez da autra, e en fondo fer enno rego da augua
que vay entre ella e a de Miguel Paez,
e ençima entesta enno camiño por que van
a San Çibrao, as quaes leyras son de foro de quinta ao
cabidoo e livres doutro enbargo. Vendemos as ditas
leyras ao dito cabidoo que el que as aia en jur
de herdade para senpre e faça delas livremente
toda sua voontade, por que outorgamos que reçebemos de
Miguel Domingues seu moordomo e en seu nomme o
preço que a nos e a elles aprouvo en diñeiros
contados, conven a saber seteçentos e
çinqoeenta mor. de diñeiros portugueses
a xvi par por tres mor. Et de mays é posto que o dito
cabidoo page as vendas que y montaren et da
augua da fonte perteençe a esta venda a
quarta e a autra quarta a Miguel Peres
e a Roy Peres e a autra meatade a Miguel Paez.
Et esta conpra lle vendemos a meatade do curral que
está a par da casa de Miguel Paez con todos
seus dereitos et por esta carta poñemos a
posisson e a propriedade da dita venda enno
dito cabodoo. Et para seeren anparados con
ella dereito eu Maria Dominguez pola miña
meatade obligo meus beens. Et eu Roy Peres pola dita
Mariña obligo os seus beens gaanados e por gaañar. Feita a
carta en Ourense, xiii dias de oytubro, era de mill
e ccc e lª iiiiº annos. Tests. que presentes
foron Andres Peres clerigo do coro d’Ourense,
Miguel Peres e Martin Peres ommes
de Johan Pardo meestre de orgoo, Pero Martines
dito Chorete.
Et eu
Miguel Peres da Corredoyra notario de Ourense
pola igleia desse lugar que a esto presente
foy e pidimento das partes esta carta escrivy e
meu signal y puge que he tal.
(sinal)
[reverso]
Conpra
de
Canpelos.